Como case tódolos mércores, Manuel (o encargado dos hortos escolares de Carballo), veu ao noso colexio para traballar cos nenos e nenas no horto e no invernadoiro. E nesta ocasión tocoulles aos nenos e nenas da clase de 6º de Educación Infantil "dar o callo"!!
Estivemos facendo os inicios do que serán as paredes do invernadoiro.
1º hai que quitarlle as etiquetas e os tapóns ás botellas.
2º hai que cortarlles o cú (ou boca) ás botellas de auga baleiras (isto fano os adultos) .
3º encaixalas para formar torres duns 2 metros de alto.
4º sacalas ao invernadoiro e enganchalas á estrutura e unhas ás outras con arame.
Mirade algunhas fotos do proceso!