sol
Xa comezamos co traballo do proxectos "O SOL" programado para este segundo trimestres. Para introducir ós nenos na temática partimos de videos educativos sobre o sistema solar e o sol. Tamén comezamos a facer o libro que vai a resumir todo o traballo do proxecto. Aquí vos deixo algunhas imaxes do noso traballo.
O ordenador na aula danos moito xogo para traballar con videos e cancións educativas!
Queridas familias ó longo do segundo trimestre as tres aulas de infantil imos traballar o sol, a lúa e as estrelas. A aula de tres anos centrará o seu traballo na lúa, a de catro no sol e a de cinco anos nas estrelas. Para introducir esta temática deixamos unha fermosa lenda africana que esperamos que disfrutedes!!. Premede na imaxe para ver o video!.
O SOL, A LÚA E AS ESTRELAS. LENDA AFRICANA.