Skip to Content

Entroido

ENTERRO DA SARDIÑA

AO REMATE DO ENTROIDO, CHEGOU O MOMENTO DE DESPEDIR COMO SE MERECE Á SARDIÑA.

NO GÁNDARA-SOFÁN FIXEMOS DE NOVO O ENTERRO. METEMOS OS NOSOS DESEXOS DENTRO DELA PARA QUE ARDERAN E SE FIXESEN REALIDADE, LEMOS UNHAS VERBAS NA SÚA HONRA, UN CURA BEN ESPECIAL PRESIDIU A CEREMONIA E TODOS E TODAS VESTIDOS PARA A OCASIÓN, ESTIVEMOS PRESENTES NA INCINERACIÓN.

TODA UNHA AVENTURA QUE CADA ANO NOS GUSTA MÁIS.

 

 

ENTROIDO 2015

Celebramos o enterro da sardiña, este ano non nos acompañou o bo tempo, e  decidimos incinerala.

 

  

ENTROIDO AULA DE 4 ANOS

QUE GUAPOS ESTABAN ESTES NEN@S NO ENTROIDO!!

 

 

O Entroido na clase de 3 anos

Ola familias,

a semana pasada estivemos celebrando o Entroido, durante a semana estivemos cos mandadiños do Meco e o xoves pola tarde visitaron o cole superheroes, princesas, monstruos, animais, paiasos...A ver se os coñecedes.

 

 

 

 

O venres rematamos a semana do Entroido disfrazándonos de hindús e comendo un montón de filloas e orellas. Pasámolo moi ben!!!

 

 

ENTROIDO 2015

NESTE ANO, A SEMANA DO ENTROIDO COMEZOU COS MANDADIÑOS.

O LUNS TIVEMOS QUE LEVAR UNS TIRANTES, O MARTES UNHA CAMISA DE CADROS, O MÉRCORES UNHAS GAFAS E O XOVES UNS CALCETÍNS POR FÓRA DO PANTALÓN. OS MANDADIÑOS ERAN ACUMULATIVOS, POLO QUE, CO PASO DOS DÍAS, CADA VEZ ESTABAMOS MÁIS ADORNADOS E MÁIS SIMPÁTICOS. 

ASÍ FOMOS AO COLE NESTA SEMANA...

ENTROIDO 2015

Este curso seguindo coa temática relacionada coa Paz, e dado que Gandhi e Satyarthi son da India e Malala é de Paquistán, decidimos disfrazarnos con vestimenta hindú.

Agradecemos ás familias a aportación de doces relacionados co entroido. Estaban boísimos!!!!

ENTROIDO 5º EDUCACIÓN INFANTIL

Aquí estamos @s nen@s da clase das Estrrelas disfrazad@s ao longo de toda a semana...

Que ben o pasamos!!!

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut