Skip to Content

Entroido

ENTROIDO POÉTICO 2019

ENTROIDO POÉTICO 2019

Un ano máis celebramos o Entroido no CEIP Gándara Sofán. Durante este curso escolar quixemos facer unha homenaxe a algún don grandes poetas da literatura, tanto galega coma mundial. Estivemos acompañando a Rosalía de Castro, Gustavo Adolfo Bécquer, William Shakespeare, Frida Khalo, Virginia Wolf, etc...

Velaquí a mostra das excelentes caracterizacións do alumnado:

O ENTROIDO EN 3º

Chegou o gran día, chegou o ENTROIDO!!

Este ano disfrazámonos de POETAS E POETISAS! Pasámolo xenial nesta fermosa festa!!

                                              

 

                      

OS POETAS IDEAIS

OS POETAS IDEAIS

(poema escrito por Kevin Pallas, 5ºEP)

 

No día de Carnaval

vestidos de poetas haberá que chegar

cun sombreiro ou boina

na escola de Gándara Sofán.

 

ENTROIDO POÉTICO 2019

ENTROIDO POÉTICO 2019

Como xa fomos publicando ao longo da semana, o Entroido deste ano está adicado, como non podía ser doutro xeito, á poesía.

Estamos desexando que chegue o día de mañá para ver ao noso alumnado representando a grandes poetas e escritores coma Rosalía de Castro, Gustavo Adolfo Bécquer, Miguel de Cervantes, William Shakespeare, Virginia Wolf, etc...

Mentres chega ese momento, despedimos a xornada de hoxe cun futuro gran  poeta que quere compartir con todos nós o seu poema adicado ao Entroido. Noraboa e moitas grazas, Kevin!!!

FACENDO ORELLAS

mmmmmmm.... xa ule a entroido no CEIP Gándara - Sofán.

 

 

NENOS E NENAS DE 4º ELABORANDO A MASA PARA FACER ORELLAS

ENTROIDO

ENTROIDO

O entroido é unha festa moi divertida, este curso ademáis dos mandadiños disfrazámosnos de espantallos, e gracias ás familias, degustamos dunha deliciosa merenda con filloas, rosquillas, orellas, biscoito e incluso en segundo con galletas que tiñan as iniciais dos nomes do alumnado. Gracias a tod@s.

ENTROIDO 2016

Para recordar e homenaxear a Xosé Neira Vilas, no colexio decidimos basearnos na súa obra: "Memorias dun neno labrego" para celebrar o Entroido 2016.

Todos fomos disfrazados de labregos e labregas seguindo os mandadiños que cada día nos transmitían os nenos/as de 6º de E.P. polas clases. Tamén disfrazabamos ao esquelete "Manolito" como exemplo do que había que traer. 

 

Pasámolo moi ben e aprendemos moito!!!

 

ENTROIDO 2016 na clase de 4º E.I.

Ao longo da semana do Entroido, foron moitas as experiencias que vivimos...

Desta vez celebrámolo homenaxeando a Xosé Neira Vilas, trala súa morte e tomando como referencia unha das súas principais obras: "Memorias dun neno labrego"

Fómonos disfrazando de labregos/as pouco a pouco, segundo nos indicaban os mandadiños (e Manolito)...

ENTROIDO

 

O entroido 2016 estivo adicado a "Neira Vilas" e ó seu libro "Memorias dun neno Labrego". Todo o alumnado veu vestido para a ocasión e grazas á colaboración das familias,degustaron comida típica de entroido. Como todos os anos, o xoves pola tarde trouxeron disfraz libre e pasárono moi ben xogando.

 

  

 

 

  

Distribuir contido


by Dr. Radut