Skip to Content

Galería de imaxes

Día da biblioteca. Conto Lúa, Lúa, Sol

Dende a aula de 3 anos celebramos o días das Bibliotecas coa lectura do conto Lúa, Lúa, Sol.

 

O CORPO. Aula de 3 anos.

 Tódolos nosos coñecementos parten do máis próximo a nós, o noso propio corpo. Neste primeiro trimeste coñeceremos as partes  e os sentidos máis importantes do mesmo, o seu movemento e sons corporais.

 

 Compoño o puzzle

As partes do corpo

 

Rutinas en pdi, 3 anos.

Este curso fixemos cambios nas rutinas diarias, incorporando máis soportes informáticos. A primeira hora da mañá facemos as rutinas na pdi, e aínda que as actividades son sinxelas os nenos/as mostran cada vez maior soltura no manexo da pdi.

 

 

Graduación de infantil do curso 2019/20 pendente de celbración por COVID

O curso pasado 2019/20 quedou pendente a celebración da graduación do alumnado que rematou educación infantil. A mellora nas condicións da pandemia permitiu, aínda que con algo de atraso, festexar no comezo deste curso dita graduación. Dende o C.E.I.P GÁNDARA-SOFÁN queremos felicitar a todo o alumnado graduado.

NORABOA A TODOS!.

Desexamos que a entrada en educación primaria sea estupenda e teñades un futuro próspero e cheo de cousas fermosas!!.

TODO VAI SAIR BEN!

 

PEQUENAS ACTIVIDADES DO PERÍODO DE ADAPTACIÓN . 3 ANOS.

COMEZAMOS UN NOVO CURSO 2020/21 UN POUCO DIFERENTE, PERO CON MOITA ILUSIÓN. POUCO A POUCO IMOS ADAPTÁNDONOS Á ESCOLA E COÑECENDO MELLOR AOS NOSOS COMPAÑEIROS. DURANTE O PERÍODO DE ADAPTACIÓN FOMOS INTRODUCINDO RUTINAS E HÁBITOS,  PERO TAMÉN REALIZANDO PEQUENAS ACTIVIDADES PARA FAMILIARIZARNOS COS COMPAÑEIROS, COA AULA E CO NOSO NOME.

Distribuir contido


by Dr. Radut