Skip to Content

Galería de imaxes

APRENDEMOS LINGUA DE SIGNOS

O CENTRO SEGUE IMPLICADO NA APRENDIZAXE DA LINGUA DE SIGNOS. COA PROFE MIRIAM ESTAMOS APRENDENDO AS CORES E MOITO VOCABULARIO!

 

 

 

ANIVERSARIO CLOE

ESTE LUNS 21 DE DECEMBRO ESTIVO DE ANIVERSARIO A MÁIS PEQUENIÑA DA AULA.

PARABENS CLOE, XA TEMOS 3 ANIÑOS!!

 

PARABENS AXEL!

Este venres 18 de decembro estivo de aniversario AXEL!!!

3aniños!! Parabens no teu día!!

PARABENS CARLA!!

O XOVES 17 DE DECEMBRO ESTIVO DE ANIVERSARIO A NOSA CARLA. 

PARABENS NO TEU DÍA!! 3 ANIÑOS!!

ACTIVIDADES PREVIAS AO NADAL

ESTAMOS A PIQUES DE REMATAR O TRIMESTRE E DISFRUTAR DAS VACACIÓNS DE NADAL, PERO DURANTE ESTAS ÚLTIMAS SEMANAS FIXEMOS MOITAS ACTIVIDADES. AQUÍ VOS DEIXO UNHA PEQUENA MOSTRA.

 

Xogamos co peón!. Aula de 3 anos.

Nesta primeira semana de novembro celebraremos no C.E.I.P Gándara-Sofán o Magosto e o día do Peón. Este é un ano diferente polos condicionamentos da pandemia, onde o Magosto se realizará en cada aula, sen contacto cos outros grupos, ao igual que os xogos co Peón. En 3 anos xa comezamos a familiarizarnos con este xoguete tradicional, e tivemos a sorte de poder ver un peón moi antigo que nos trouxo Martín!. Este peón é precioso e diferente!!.

 

Samaín, Baile e degustación. 3 anos.

Aquí vos deixo unhas images da celebración do Samaín na aula de 3 anos. Merenda especial con cabazas, pantasmas e baile!

Samaín. 3 anos

Chegou o Samaín!! A noite do 31 de outubro ábrese unha porta entre o mundo dos vivos e dos mortos, para os antigos celtas era unha noite especial onde ademais celebran o remate do verán e o comezo do inverno. Durante esta noite deixaban comida e cabazas nas portas das casas e aquí xurde a tradición, que se mantén, das cabazas o día de Samaín.

Na aula de tres anos fixemos uns morcegos moi terroríficos!!, e tamén temos que felicitar a Daniela que foi a gañadora na nosa aula do concurso de fotografía "terrorífica" do Samaín. Parabens Daniela!!

AUTORETRATOS 3 ANOS

SOMOS UNS PEQUENOS ARTISTAS, E A MELLOR MANEIRA DE DEMOSTRALO É CUN AUTORETRATO MOI ARTÍSTICO!

OS NENOS E NENAS DE INFANTIL DEGUSTAMOS "O OUTONO"

Estamos en pleno outono e as cores e sabores desta estación enchen os nosos sentidos.

Dende o equipo de educación infantil organizamos unha pequena degustación de productos do outono. Dadas as circunstancias especiais deste curso a desgustación tivo que realizarse por aulas.

O disfrute de cores, olores e  sabores foi especial...Degustamos uvas, castañas, mandarinas, kiwis, noces...

Distribuir contido


by Dr. Radut