SAÍMOS DE EXCURSIÓN
O 3 de marzo marchamos todos os nenos e nenas de Primaria de excursión a Santiago.
O primeiro que fomos visitar foi Meteogalicia, onde nos explicaron como traballan e fan as predicións meteorolóxicas, e tamén, os diferentes aparatos que utilizan. O máis interesante, foi cando lanzamos o globo que levaba unha radiosondaxe para axudar a ver o estado atmoférico.
![](/centros/ceipgandarasofan/system/files/u24/IMG_20150303_101304602.jpg)