Bo día,
Acabamos de detectar que os usuarios de IOS (dispositivos da marca Apple) están tendo problemas para ver as cualificacións dos/das seus/súasfillos/as (concretamente as de Educación Musical e Educación Artística no caso de Educación Primaria e tamén todos os ítems de Educación Infantil).
Consultamos esta incidencia coa UAC (Unidade de Atención a Centros) e comunícannos que para velas correctamente debedes descargar a nova versión de Abalar Móbil.
Aproveitamos a ocasión para desexarvos un bo Nadal e próspero 2021.
Un saúdo,
A dirección