Skip to Content

Rúa Colmeote s/n
15570 Narón
Teléfono: 881938386
ceip.gandara.naron@edu.xunta.gal

Inglés EP

Inglés EP

Importante: Acceso aos libros dixitais (1°, 2° e 3° Ed. Primaria)

Hello!

 

Ola, familias!

 

Espero que tod@s esteades ben. Como xa vos dixen no vídeo da última entrada do blog, sodes uns champións e unhas campioas e estádelo facendo xenial!

 

Como sabedes, as vacacións están a piques de rematar e xa hai que ir pensando no terceiro trimestre...

 

Conseguín acceso aos libros dixitais de 1°, 2° e 3° de Educación Primaria, pero para poder acceder a eles, tedes que seguir os seguintes pasos:

 

 

Rexistrarse en https://www.blinklearning.com/home (en crear conta) introducindo estes datos:

 

 

  • Código de clase (según corresponda, póñovolos un pouco máis abaixo para que copiedes o código segundo o curso que lle corresponda aos vos@s fill@s. O código empeza por CL e uns números).

 

 

 

  • Correo electrónico (Este correo será o que usemos para acceder a esta página, xunto co contrasinal, unha vez realizado o rexistro correctamente).

 

 

 

  • Nome e apelidos d@ alumn@.

 

 

 

  • Un contrasinal para poder acceder á páxina.

 

 

 

  • Idade d@ alumn@ (ao poñerlle a idade e ser menor de 13 años, pide que complete o rexistro o/a pai/nai/titor/titora, polo que debemos poñer aí outro correo electrónico diferente do de arriba).

 

 

Dámoslle a "rexistrar", pero recordade marcar a casilla de abaixo sobre a política de protección de datos, xa que de non facelo non nos deixa continuar co rexistro.

 

Unha vez que vos rexistredes, a min chegarame unha mensaxe para que acepte esa solicitude, e unha vez aceptada xa poderedes acceder ao libro dixital. O interesante deste libro é que temos todos os audios que empregamos na clase ao lado de cada actividade, historia ou canción.

 

A partir dese momento, para acceder al libro teredes que metervos de novo na páxina https://www.blinklearning.com/home, e premer no apartado "iniciar sesión" co correo electrónico que puxestes en primeiro lugar ao facer o rexistro e o contrasinal elixido.

 

Parece moi complicado pero non o é. Se tedes algunha dúbida, xa sabedes que podedes contactarme nos seguintes correos electrónicos: 

 

  • emmasalgueiroveiga1@gmail.com
  • emma.salgueiro@edu.xunta.gal.

 

 

Os códigos de clase que debedes introducir ao principio do rexistro son (tedes que copiar o que corresponda):

 

 

  • 1° Ed. Primaria

 

             CL37518643

 

 

 

  • 2° Ed. Primaria

 

              CL25612726

 

 

 

  • 3°Ed. Primaria (só nos deron acceso ao "class book")

 

              CL32286252

 

Ide facendo o rexistro en canto poidades, vale?

 

Grazas pola vosa colaboración! Apertas virtuais!!

 

I miss you!! 

 

Teacher Emma ☺

 

Happy Easter!!!

Hello,

Ola, familias!

Boas vacacións!!!

Mirade o blog que hai unha sorpresiña!!!

https://teacheremmagandara.blogspot.com/

Apertas virtuais!

Teacher Emma Sorriso

Blog de inglés

Ola, familias!

Recórdovos que o blog no que propoño actividades para Educación Infantil e 1º, 2º e 3º de Educación Primaria se actualiza semanalmente.

Botádelle unha ollada!

O enlace é este: https://teacheremmagandara.blogspot.com/

Xa sabedes que podedes contactar comigo en calquera destes dous correos electrónicos:

emmasalgueiroveiga1@gmail.com

emma.salgueiro@edu.xunta.es

 

Unha aperta e moito ánimo!

Teacher Emma

Actividades de inglés (peche do colexio por coronavirus)

Hello!

Ola, familias!

Achégovos o enlace a un blog que acabo de crear para que dende alí poidades descargar as actividades voluntarias que vos propoño para estas dúas semanas nas que non haberá clase debido á alerta sanitaria polo coronavirus.

No caso de primeiro e segundo, tamén se inclúen as cancións por se as queren repasar.

O enlace ao blog é este:

https://teacheremmagandara.blogspot.com/

Para calquera dúbida ou consulta que teñades, podedes contactar comigo a través do meu correo electrónico: emma.salgueiro@edu.xunta.es

Un saúdo,

Teacher Emma Sorriso

Distribuir contido


by Dr. Radut