Todas/os coñecedes UPA. Pois grazas ó Plan Corresponsables ides ter a oportunidade de matricular ás crianzas nesta actividade que é de balde dende o 24 de setembro ó 15 de novembro.
Iso si, o plan obriga a ter ós nenos/as federados, polo que os interesados, logo de cubrir o formulario (que é o mesmo que o do resto das actividades extraescolares), tedes que pasarvos polo local da ANPA (abrimos tódolos días agás os xoves de 9.10 a 10 da mañá) e abonar a federación, que son 5€. Tedes que traer os cartos xustos! E deixarnos os datos dos nenos e os seus DNI, ou, en caso de non telos, o da nai ou do pai.
Entre o 24 e o 15 de novembro a actividade realizarase no ximnasio do centro os mércores, xoves e venres de 16:00 a 17:00 horas.
Grupo mínimo de 8 nenos/as, dende os 3 anos.
A partires do 15 de novembro, si hai grupo, sacarémolo como actividade nosa 1 hora á semana. Informaremos do día e a cota mensual en novembro.