Skip to Content

Rúa Colmeote s/n
15570 Narón
Teléfono: 881938386
ceip.gandara.naron@edu.xunta.gal

Actividades Extraescolares

Versión para impresoraVersión PDF

 

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2024-25
A partires do 1 de outubro comezarán as actividades extraescolares xestionadas pola ANPA.
Este curso temos:
- Patinaxe. Dende 4 anos. Grupo mínimo para empezar a actividade de 8 nenos/as. cota mensual de 16€.
A actividade de patinaxe realízase fóra do recinto escolar, no Pavillón da Mocidade, polo que as que teñades ás crianzas no comedor tedes que recollelas a trasladalas vos mesmas.
- Debuxo e pintura. Dende 4 anos. Grupo mínimo para empezar a actividade de 8 nenos/as. Cota mensual de 16€.
Esta actividade realízase no comedor do centro.
- Cociña. Dende 4 anos. Grupo mínimo para comezar a actividade de 8 nenos/as. Cota mensual de 22€ (inclúe alimentos e receitario).
Esta actividade realízase no comedor escolar.
- Ludoteca. Esta actividade é diaria de 16:00 A 17:00 horas. Dende 3 anos. Grupo mínimo e máximo para comezar a actividade de 12 nenos/as. Unha vez alcanzado o número máximo, as demais matrículas quedarán en lista de espera ata ter outros 12 nenos/as para facer novo grupo. Cota mensual de 35€.
Esta actividade realizarase dentro do recinto escolar, primando o patio de recreo si fai bo tempo.
As persoas que non sexan socias da ANPA deberán abonar, para ter acceso ás actividades, unha cota única (e independente do número de actividades que escolla e do número de fillos que teña) de 20€. Dita matrícula hai que abonala antes de comezar as actividades na conta da ANPA. En concepto poñedes: matrícula + nome e apelidos do neno/a.
Tódalas actividades abonaranse entre o día 1 e 10 do mes en curso, non a mes vencido.
O pagamento farase por transferencia á conta da ANPA de OpenBank: ES19 0073 0100 5505 0562 9834. E no concepto tedes que poñer: nome e apelidos do(s) neno(s)/a(s) + actividade(s) + mes. Exemplo: "Mario Mariez Mariez patinaxe e debuxo outubro".
O formulario é online:

 



directivo | by Dr. Radut