ANPA A Buxaina
No formulario xa tedes toda a información, pero é necesario mencionar que na última asemblea do curso pasado as socias decidimos aumentar a cota a 20€, logo dos moitos anos que estivo a 15.
Coma novidade este curso, so recoñeceremos coma socia/o á persoa que cubra o formulario e pague a cota. Si a parella, no caso de tela, quere tamén ser socio/a da ANPA, deberá cubrir a súa propia solicitude e pagar a cota correspondente.
Isto último é importante, porque na ANPA non podemos ter máis datos que os das socias/os e os seus fillos. Polo demáis, na práctica non cambiará case nada, non é obrigatorio que sexan socios da ANPA ambos adultos da familia, pero a efectos de participar nas asembleas, só poderá facelo a persoa que cubriu a solicitude e pagou a cota.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
FORMULARIO INSCRICIÓN SOCIOS_web.pdf | 113.88 KB |