Aquí tedes dous dos últimos libros fichados en xaneiro. Son a nosa recomendación desta semana.
En "Quero ser invisible" cóntannos a historia dun neno que o pasa mal no colexio porque se meten con el por ser gordo. Quere desaparecer e volverse invisible ata que descubre que hai moitas persoas que o ven e o queren.
En "SOS se necesita unha sonrisa" cóntannos a historia do mago que concede os desexos cando vemos unha estrela fugaz. Pero está triste e non quere seguir traballando. Ánimate a descubrir que é o que lle pasa.
Agardámoste na biblioteca todos os recreos.