Skip to Content

Rúa Colmeote s/n
15570 Narón
Teléfono: 881938386
ceip.gandara.naron@edu.xunta.gal

TAREFAS DO VERNES 12 DE XUÑO

Bos dias!!! por dicir algo, xa que non parece moi bo o día hoxe.

Bueno, e chegou o tan anunciado día das últimas tarefas escritas, xa que a próxima semana  faremos só tarefas interactivas.E iso que estes días de videochamadas individuais algúns nenos ou nenas nos dixeron que lles gustaban facer tamén as escritas,o cal nos enche de satisfacción. Pero de tódolos xeitos pensamos que estes nenos e nenas xa traballaron moito e tócalles xa facer unha desescalada tamén nas tarefas escolares. E pensamos que a mellor forma de facela é con estas tarefas interactivas que tanto lles gustan.

Pero para hoxe aínda temos que rematar coa letra F. E así en lectoescritura  hai que coller o bote da letra da F sacar as palabras e buscarlles ou facerlles un debuxo ou imaxe para ler as palabras e ir emparellando co debuxo. 

Ademáis, para todos os que fixechedes todos os botes de todas as letras imos darvos unha alternativa, que consiste en facer un novo bote para gardar todas as palabras de todas as letras xuntas cos seus debuxos e imaxes. E así cando queirades xogar podedes xogar con todas as palabras e practicar a lectura de todas as letras. E ademáis o xogo ocupará menos espacio. 

E para loxicomatemáticas deixamos unha serie dun gusano.

 E imos deixar algunhas ficha interactivas. Deixamos o enlace pero os que tedes conta na aplicación podedes facela no novo cadernillo que fixemos. 

Podedes facelas ao longo da fin de semana si queredes.

 Suma 10

Mensaje secreto

Ficha de atención  

Ñ: LEE Y ARRASTRA 

Reconocimiento audivo 

Na publicación do luns de esta semana tedes as instruccións para acceder ao caderno e que poidamos correxirvos estas tarefas e deixarvos anotacións.

AdxuntoTamaño
Las series del gusano.pdf120.27 KB


paxina_eq | by Dr. Radut