Para hoxe, ademáis da tarefas habituais vos deixamos un par de actividades en liña que os nenos e as nenas poden facer directamente dende o dispositivo electrónico.
Tomade estas tarefas como unha proba para ver si este tipo de actividades serían factibles para todos, sobre todo para as familias que so teñan un dispositivo ou o móvil.
Sabemos que os nenos e nenas empezan a mostrarse cansos, e que nunca é igual para eles facer a escola na escola cos compañeiros e a mestra que facer a escola na casa cos pais; a motivación e máis complicada.E a toda esta situación extraña lle hai que sumar que se achega o fin de curso onde xa en cisrcusntancias normais empezan a estar cansos.
Porto todo isto temos que buscar novas formas de motivalos, e de que continuen facendo as súas tarefas de diferentes xeitos.
PINCHADE NOS ENLACES E XA NOS CONTAREDES COMO RESULTA. (Hoxe non é necesario que nos enviedes estas tarefa).