Hoxe é o día da familia .Asi que feliz día a todas as familias!!!!
Esperamos os vosos debuxos da famila con moitas ganas. Algúns xa nos chegaron.
E ademáis o domingo é día 17 de maio, DIA DAS LETRAS GALEGAS.
E por este motivo vos imos deixar unha actividade moi chula e diferente, tratase dun escape room educativo sobre Carballo Calero, autor ferrolán ao que se adica este ano a edición das Letras Galegas.
Antes de facelo, convén que leades cos nenos e as nenas o conto dos Bolechas que vos deixamos nos arquivos adxuntos.
Para o escape room tedes que pinchar neste enlace e realízase directamente no voso dispositivo electrónico:
https://view.genial.ly/5eb042186f16bf0d194d52c8/presentation-letras20
Tamén vos deixamos unha ficha para completar os números que faltan nunha serie de números ata o 20.
E para os que fixechedes o bote para as palabras que comencen por T, tedes que sacalas do bote tentar lelas, e facer un debuxo ou buscar una imaxe de cada palabra; e cando teñades todas imaxes ou debuxos coa súa palabra metedes todo outra ves no bote e o gardadades.
Con ese bote de palabras e imaxes podedes xogar as veces que queirades a buscar e relacionar cada palabra co seu debuxo, e así practicades a lectura.
Boa fin semana!!!!!
Adxunto | Tamaño |
---|---|
ESCRIBE NUMEROS QUE FALTAN .pdf | 21.16 KB |
bolechas-libro-carvalho-calero.pdf | 2.15 MB |