Bos dias!!!! Esperamos que levedes ben a semana e que disfrutedes da liberdade que nos van deixando pouco a pouco.
Para hoxe temos dúas fichas de lectoescritura, continuando coa letra T. E dúas fichas de lóxicomáticas: unha de lateralidade e a outra de completar cos números que faltan nunhas series pequeniñas de 3 números.
Son moi faciliñas e seguro que as farán todos moi ben.
Queremos recordarvos que no apartado de Educación Infantil, onde aparece os cursos para chegar ata aqui , tamén están as especialidades de Inglés, Relixión Educación Física e Música; onde as mestras e os mestres especialistas tamén colgan tarefas para os pequenos e as pequenas.
Un saúdo, que teñades un bo día e un montón bicos para os nosos nenos e as nosas nenas.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
T-5.pdf | 52.87 KB |
T-6.pdf | 20.52 KB |
completar núm faltan-2.pdf | 100.58 KB |
2. lateralidad-peces.pdf | 369.54 KB |