Achegamos algunhas das imaxes desta primeira sesión do taller que están impartindo o equipo de fisioterapia de atención de primaria para previr a dor de costas no noso alumnado.
Un saúdo cordial.
7 ficheiros, último engadido a feb 21, 2024 Álbum visto 14 veces
O luns tivemos un primeiro contacto co tenis grazas á colaboración do Club de tenis Pontevedra. As explicacións de Chipi foron de gran utilidade para esta clase inicial, aínda que moitas e moitos xa mostraron que na casa as raquetas de tenis son ben coñecidas.
Esperamos para o mes de abril continuar con esta actividade pero xa nas instalacións do propio club.
Un saúdo!
6 ficheiros, último engadido a feb 01, 2024 Álbum visto 27 veces
Hoxe foi un magnífico día para facer deporte.
No campionato provincial de atletismo o alumnado de 5º de EP tivo unha desas carreiras divertidas con 1000 metros por diante. Non houbo caídas e todos conseguiron remataron con ganas de repetir a experiencia.
Achegamos algunhas das fotos que puidemos sacar desta actividade.
Recibide un cordial saúdo.
19 ficheiros, último engadido a feb 01, 2024 Álbum visto 27 veces
Estimadas familias:
Achegamos algunhas fotos para que vexades como foi esta xornada de xogos alternativos realizada co alumnado do CEIP Santo André de Xeve.
Moita actividade física, merendas saudables e a oportunidade de coñecer a novos rapaces e rapaces nunha escola moi diferente á nosa.
Un saúdo cordial,
16 ficheiros, último engadido a xan 26, 2024 Álbum visto 26 veces
Estimadas familias:
O balance da actividade de hoxe no medio acuático foi moi positivo.
A idea era desenvolver habilidades básicas de flotación e propulsión nun contexto diferente aos cursos de natación, pero tamén aproveitar a xornada para poñer en práctica hábitos de autonomía e de pertenza ao grupo.
Grazas á colaboración das adestradoras do Club Galaico Sincro o alumnado puido facer un pouco de actividade física na piscina e levarse un bo recordo deste día.
Finalmente, agradecer a vosa participación na organización e xestión desta actividade.
Recibide un cordial saúdo,
19 ficheiros, último engadido a Dec 14, 2023 Álbum visto 34 veces
Unha das vantaxes destes encontros entre centros e que as veces nos toca xogar en mellores instalacións que as nosas (...)
O mércores as nosas alumnas e alumnos xogaron con San José no Pavillón Municipal dos deportes. Un lugar fabuloso para probar deportes alternativos e compartir tempo de calidade cos nos compañeiros deste centro de Pontevedra.
Achegamos unhas poucas imaxes deste día.
Saúdos!
8 ficheiros, último engadido a Dec 14, 2023 Álbum visto 23 veces
O pasado día 23 tivemos a primeira xornada de xogos deportivos entre centros escolares. Durante case toda a mañá puidemos compartir xogos coma a pelota canadense, o kickball ou mesmo o xadrez cos nenos e nenas do CEIP Amor Ruibal de Barro.
Esta é unha iniciativa que estase a levar grazas á colaboración do profesorado de EF que aposta por xornadas de convivencia onde se fomente a actividade física cun enfoque inclusivo e de participación por enriba do resultado.
Esta semana tocaralles ao alumnado de 5º, seguro que o pasan igual de ben.
Un saúdo.
12 ficheiros, último engadido a Dec 10, 2023 Álbum visto 22 veces
Unha actividade que pouco a pouco vaise consolidando co noso alumnado de 5º e 6º de primaria son os obradoiros de ecopercussión.
Esta é unha xornada de concentración, de sentido rítmico e que desenvolve a empatía e a colaboración.
Achegamos uns pequenos vídeos que non teñen a forza do directo pero serven de recordo desta experiencia.
Saúdos!
3 ficheiros, último engadido a Dec 04, 2023 Álbum visto 40 veces
O noso alumnado de 5º presentou unha orixinal coreografía para o 3º Certame Coreografíate, que ten como finalidade apoiar a música en galego como forma de comunicación e de expresión artística.
Houbo un problema coa gravación, e quedou o vídeo moi estático pero o valor do traballo realizado pódese apreciar igual de ben. Esperamos que vos guste.
Un saúdo!
2 ficheiros, último engadido a nov 20, 2023 Álbum visto 36 veces
O Proxecto de Vida Activa e Deportiva busca promover a actividade física nos tempos escolares e fomentar opcións de ocio para o noso alumnado.
A loita olímpica foi a actividade que puidemos practica no día de hoxe. Grazas á colaboración dos técnicos da Federación Galega de Loita os nenos e nenas de 4º aprenderon novos xogos baseados nos agarres, no equilibrio, na forza e no respecto aos compañeiros. Unha magnífica actividade á que esperamos darlle continuidade.
Saúdos!
18 ficheiros, último engadido a nov 09, 2023 Álbum visto 35 veces
Novamente chega a nosa ruta de sendeirismo co alumnado de 4º. Unha oportunidade de compartir unha xornada de convivencia en contacto coa natureza, compartindo unha das rutas máis fermosas da nosa contorna e aproveitando a oportunidade para aprender algo máis do que podemos atopar neste bosque de ribeira.
Deixamos algunhas fotos, faltan moitas, pero o cámara ía no medio do grupo e non puido sacar a todo o alumnado. Esperamos que vos gusten.
Un cordial saúdo,
23 ficheiros, último engadido a out 04, 2023 Álbum visto 30 veces
Estimadas familias:
No día de hoxe participamos na primeira actividade do deporte escolar, unha carreira campo a través na zona da Xunqueira.
Moita calor e moita diversión, non houbo caídas, así que misión cumprida. Polo momento soamente temos as fotos do grupo de 2º, confiamos en ir subindo máis imaxes das outras clases.
Un saúdo!
20 ficheiros, último engadido a out 04, 2023 Álbum visto 40 veces