Xornada de xogos, música e convivencia na Illa do Covo.
Ante os días de choiva, que impediron a última saída do curso, houbo que improvisar unha xornada para xogar e facer algo de exercicio coma despedida do curso.
Así, o día acompañou, os nenos e nenas portáronse moi ben -coma sempre- e quedamos con bonito recordo deste día.
Saúdos!
35 ficheiros, último engadido a xun 20, 2024 Álbum visto 21 veces
Despois de traballar o tema da Prehistoria unha boa opción foi acercarse ata o PAAR de Campo Lameiro para comprender relevancia da Idade de Bronce e coñecer algúns dos petróglifos máis espectaculares da nosa contorna, nunha xornada de convivencia e actividade ao aire libre.
Deixamos algunhas fotos deste día.
Saúdos!
34 ficheiros, último engadido a xun 02, 2024 Álbum visto 8 veces
As actividades complementarias sempre se programan buscando experiencias para o alumnado que reforcen os nosos proxectos educativos.
Neste caso o piragüismo en dragóns é unha oportunidade para traballar a necesaria colaboración entre a tripulación e a sensación de logro cando todos remamos nunha mesma dirección.
Deixamos algunhas fotos desta xornada de actividade física saudable.
Un saúdo,
17 ficheiros, último engadido a mai 31, 2024 Álbum visto 14 veces
O pasado 16 de abril o noso alumnado de 3º de primaria puido probar o xogo do tenis nunha xornada de convivencia con nenos e nenas doutros centros de Pontevedra.
Achegamos algunhas imaxes desta xornada.
Saúdos!
14 ficheiros, último engadido a abr 29, 2024 Álbum visto 15 veces
Estimadas familias:
Cun pouco de atraso, achegamos as fotos desta actividade que realizaron os nosos alumnos e alumnas da etapa de infantil para que teñades unha idea do que foi esta xornada.
Se hai algunha foto que consideredes que non debería de estar subida, avisádenos e será retirada o antes posible.
Recibide un cordial saúdo,
58 ficheiros, último engadido a abr 25, 2024 Álbum visto 23 veces
Magnífica xornada a de hoxe.
Lugar incrible, máxima implicación dos diferentes colaboradores e moita diversión para os máis de 150 alumnos e alumnas que participaron nesta actividade.
Achegamos algunhas fotos que mostran bastante ben a organización deste día.
Un saúdo cordial e esperamos que vos gusten.
24 ficheiros, último engadido a mar 19, 2024 Álbum visto 23 veces
Seguimos incidindo na necesidade de moverse como prevención das patoloxías da espalda.
Nesta sesión, aprendemos o concepto de "snacks de exercicio".
Un saúdo!
13 ficheiros, último engadido a mar 17, 2024 Álbum visto 14 veces
Dentro do noso proxecto de vida activa e deportiva, o pasado luns probamos os encontros de xogos entre centros en formato multideporte.
A proba foi exitosa, así que engadimos aos cursos máis pequenos a estas xornadas de convivencia e ocio activo.
5 ficheiros, último engadido a mar 17, 2024 Álbum visto 21 veces
Este venres foi 8M. Día de reivindicación que levado ao contexto do noso alumnado pode ser cunha das cancións tradicionais onde os roles asignados non era os máis apropiados.
Ademais, foi unha boa oportunidade para comezar coa nosa radio que irá medrando pouco a pouco.
Un saúdo!
8 ficheiros, último engadido a mar 09, 2024 Álbum visto 33 veces
O noso alumnado de primeiro ciclo desplazouse a pasada semana ata un dos supermercados de Gadis dentro do programa Alimentes que promove un consumo responsable e unha alimentación saudable.
Unha boa experiencia da que deixamos algunhas imaxes.
Un saúdo!
5 ficheiros, último engadido a mar 09, 2024 Álbum visto 30 veces
Estimadas familias:
No día de onte o alumnado de 1º tivo unha clase de traballo de campo na alameda.
Coa idea de relacionar o aprendido nas distintas áreas e ter unha xornada de convivencia, desprazámonos ata esta zona verde para desenvolver a capacidade de observación e promover as aprendizaxes coma unha tarefa de descubrimento.
Achegamos algunhas fotos desta xornada.
Un saúdo cordial,
45 ficheiros, último engadido a feb 29, 2024 Álbum visto 22 veces
Onte o alumnado de 4º tivo unha xornada de contacto co atletismo en pista.
Nas instalacións do CGTD puideron probar a lanzar vórtex, peso; facer carreiras nas pistas e probar amodalidade de remudas.
Unha boa xornada de ocio e convivencia das que vos deixamos algunhas imaxes.
Saúdos!
23 ficheiros, último engadido a feb 28, 2024 Álbum visto 26 veces