Novidades
CELEBRACIÓN DO "DÍA DE ROSALÍA"
Este ano, para conmemorar o Día de Rosalía de Castro, realizamos un gran mural e fixemos a plantación de pensamentos, flor favorita ta poetisa.
Podedes ver algunhas das fotos dese día pinchando no enlace e o vídeo no facebook do cole ("O tempo en Frións").
CONCURSO "DESEÑA O TEU DISFRACE SEGURO"
Os curso de 6º de primaria presentáronse ao concurso "Deseña o teu disfrace seguro" organizado polo Instituto Galego de Consumo a nivel autonómico.
Logo de recibir unha sesión de formación, na que lles explicaron diferentes aspectos dun consumo responsable; tiveron que deseñar un disfrace e incluír a súa correspondente etiquetaxe.
Finalmente, entre os 25 gañadores, resultaron premiadas 2 das nosas alumnas: Paola Mariño e Clara Chouza.
NORABOA AS GAÑADORAS!
Aquí deixamos os enlaces das noticias publicadas ao respecto:
SAMAÍN 2020
Este ano, celebramos o Samaín bailando "Fogo Nicolás" por videoconferencia. Organizouse de tal xeito que todas as aulas bailaron ao mesmo tempo e puideron ver en directo a actuación dos seus compañeiros e compañeiras.
Aquí podedes ver o resultado:
Letras Galegas 2019
Este ano celebramos a nosa III Romaría das Letras Galegas homenaxeando ao historiador, etnógrafo, antropólogo e xeógrafo galeguista Antón Fraguas! Aquí vos queda un resumo do día:
Ademais, nestes días, no timbre musical do colexio, temos soando á Rainha do Fado: Amália Rodrigues co seu clásico "Uma casa portuguesa".
Día de Rosalía 2019
Así celebramos este ano o Día de Rosalía de Castro, cunha super mani-festa-acción en apoio á nosa máis grande escritora!
#LibreOMeuPensamento_rdc_19
Viva Rosalía de Castro!
Música en xaneiro e febreiro
Tras ter o clásico de Vivaldi deleitándonos durante o comezo da tempada invernal...
... comezamos febreiro acompañados de Queen e o seu "Radio Ga Ga" para conmemorar o Día Mundial da Radio (13 de febreiro):
Música en decembro e Apalpador!
Estas foron as cancións que puxemos no timbre musical no mes de decembro:
"O Apalpador" de Roberto Grandal, con ilusitracións de Leandro Lamas.
Hoxe veu tamén visitarnos o Apalpador, aluciflipamos!