No curso 2023/2024 o comedor escolar do CEIP do Foxo pasa a ser asumido pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. Funcionará os luns e mércores.
Están publicadas as instrucións da Secretaría Xeral Técnica sobre o funcionamento dos comedores escolares no curso 2023-2024. As familias do alumnado usuario deste servizo, deberán cubrir o ANEXO II (Modelo de autodeclaración) con todos os datos relativos á súa renda (2022), especificando no apartado A) do modelo a cifra do importeque corresponda, no apartado B) os membros da unidade familiar, no apartado C) a renda neta per cápita, e no apartado D) deberán marcar a casilla que corresponda.
Para facilitar o cálculo en función da renda neta per cápita da unidade familiar e do número de menores en idade escolar, a propia Consellería incorporou na súa web unha calculadora á que se pode acceder neste enlace https://www.edu.xunta.gal/comedores/calculadora.jsp
Poden entregar o ANEXO II por correo electrónico (ceip.foxo@edu.xunta.gal) desde o 4 de xullo ata o 1 de setembro.
Presencialmente na secretaría do centro desde o 10 ata o 14 de xullo, de 9.00h a 14.00h
No arquivo adxunto pódese descargar o ANEXO II
INSTRUCIÓNS COMEDORES ESCOLARES 23-24
O PRAZO REMATA O 1 DE SETEMBRO DE 2023