try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP do Foxo

ENTROIDO 2021

00/00/

RESERVA DE PRAZA PARA O CURSO 2021-22. CENTRO DE ADSCRIPCIÓN

00/00/

O próximo día 11 de xaneiro de 2021 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), para a  reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa (alumnado de 6º Educación Primaria)

O prazo de solicitudes abranguerá do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro do 2021, ambos incluídos.

Pode consultarse información no seguinte enlace

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/32849

FESTIVAL DE NADAL

00/00/

A pesar da pandemia o CEIP do Foxo non queda sen o festival de Nadal. Desfrutade das actuacións dos nosos pequenos.

FOTOS 

UN NADAL DE LIBROS

00/00/

Publícase o boletín informativo "Pereiriños 230" coas recomendacións lectoras para este Nadal.

MIRO VILLAR VISITA O NOSO COLE

00/00/

Boletín informativo e video da visita.

 

VIII CAMPAÑA DE ETIQUETADO EN LINGUA GALEGA "BICOS A MOREAS"

O día 1 de decembro presentouse no colexio a 8ª edición da campaña  de etiquetado en lingua galega “Bicos a moreas”.

Grazas á colaboración e implicación da Asociación de Comerciantes da Estrada (ACOE) e a Asociación de Empresarios da Estrada (ACE), vanse repartir de xeito gratuíto 15.000 etiquetas entre os comercios e empresas estradenses.

Nun mundo cada vez máis competitivo e nuns mercados con tanta oferta para o consumidor, perécenos que unha forma de distinguirse é etiquetar  en lingua galega, deste xeito o noso idioma pode  ser canle de autenticidade e singularidade. Os valores e as emocións que espertan na xente a lectura destas mensaxes facilita a posta en valor da nosa cultura e da nosa lingua.

Todos os alumnos e alumnas deste Colexio realizaron debuxos  para despois facer etiquetas con mensaxes  que transmiten desexos, ilusións, soños.... emocións,  empregando a lingua de noso, coa arela de que  se espallen pola nosa contorna.

Álbum: CURSO 20-21 -> BICOS A MOREAS

MAGOSTO 2020

Así celebramos o Magosto este curso.

Álbum: CURSO 20-21 -> MAGOSTO

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

00/00/

Día Internacional Contra a Violencia de Xénero

O pasado xoves 25 de novembro na clase de 1º de Educación Primaria estivemos facendo diferentes dinámicas para conmemorar o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero.

Despois dun debate inicial sobre que é a violencia de xénero e os diferentes tipos fixemos unha actividade con catálogos de xoguetes, aproveitando que estamos moi próximos ao Nadal. Nalgunhas destas revistas, os xoguetes relacionados coa construción, os videoxogos ou os coches e as motos estaban acompañados de imaxes de nenos mentres que as cociñas, as bonecas e os carros do supermercado aparecían con fotos de nenas. Non obstante, o catálogo que máis nos gustou era aquel no que aparecían tanto nenos como nenas xogando co mesmo xoguete pois, tal e como falamos na clase, todos e todas podemos xogar a aquelas cousas que nos gustan xa que os xoguetes non teñen xénero. Para rematar a actividade, clasificamos as diferentes fotografías segundo os estereotipos de xénero que reflectían.

Aquí vos deixamos algunhas imaxes!

  

CAMIÑO CIRCULAR NO CEIP DO FOXO

O luns día 23 de novembro impartíuse o Obradoiro de concienciación ambiental sobre a producción local e o consumo de proximidade chamado "E ti, de onde comes?"

Aquí temos algunhas fotos e un video.

https://www.youtube.com/watch?v=V5TSwuP4VL8

 

Álbum: CURSO 20-21 -> CAMIÑO CIRCULAR

DÍA XOSÉ NEIRA VILAS

00/00/

Celebramos o día de Don Xosé Neira Vilas con este video no que colaborarron todos os membros da Comunidade Educativa.

 

 

Distribuir contido