try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP do Foxo

"BAIXO O CEO PROTECTOR"

Entrevista ao artista "Unha Rolda de Rosquillas":

-Un libro para releer mil veces mil.

Das cousas de Ramón Lamote de Paco Martín

Unha comida para chuparse os dedos dun en un.

O polbo con patacas

Unha poesía para recitar aos catro ventos no alto do monte da Somoza.

Sonete de amor imprevisto de Federico García Lorca

Cales son as cores do seu equipo de fútbol?

Azul e branca do celta

Refrán que sempre leva no caletre por se acaso.

Fai ben e non mires a quen

Unha peza dramática para ver representada no Teatro Principal da Estrada.

Romeo e Xulieta de Shakespeare

Algunha fobia?

As arañas

Unha película para gozar en boa compaña.

2001 Unha odisea do espazo de Stanley Kubrick

Cal foi o seu heroe?

O capitán Trueno, Spiderman,...

Un escritor imprescindible.

Federico García Lorca

Unha manía.

O perfeccionismo

Un recuncho paradisíaco na Estrada.

Os montes de Sabucedo

Unha profesión

Astronauta

Un cantante ou grupo musical polo que sinta devoción.

O grupo The Doors

Un recuncho paradisíaco no que perderse unha fin de semana en Galicia.

As illas Cíes

Unha afición.

A cociña

Un programa de televisión.

Metrópolis

Pense ben, por favor, e conteste sen dubidar: fai a cama, pon a lavadora, cociña...?

Fago a a cama, non poño a lavadora e cociño...

Un país.

Alemania