try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP do Foxo

"O XARDÍN DAS VIRTUDES"

A FONDEVILA

desde o corazón do Foxo

A pesares de ser un Cazador de Fantasías...

A pesares de vir da grandiosa Berlín...

A pesares de pasear a súa pintura polo mundo adiante...

A pesares de todo isto...

Chegou ao noso cole do Foxo devagariño, caladiño, sen facer ruído,

timidamente, suavemente, como quen non quere a cousiña.

Entre as pingueiras da chuvia do Foxo

mollou o seu pincel

e coa maxia dos seus dedos

elaborou unha escolma coas cores d´outono

e un poema coas nosas palabras

e claro...

Claro!

asubiou o Vento,

marchou a Chuvia,

pasou o Frío,

e entrementres chegaba o Sol,

ensoñou para todos Nós

un Xardín de Esperanza e Cor...

desde o Corazón do Foxo...