O Departamento de Servizos Sociais do Concello da Estrada ten previsto poñer en marcha ó longo do período de vacacións de verán (dende o 3/07/2023 ao 8/09/2023)o CAMPAMENTO DE VERÁN dirixido o a tódolos rapaces e rapazas de 3 a 12 anos.
Estes campamentos desenvolveranse no Colexio.
PRAZO DE INSCRICIÓN: O prazo de inscrición para participar nestas actividades estará aberto dende 15 de maio ó 5 de xuño (ambos días incluídos).
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: As solicitudes de inscrición deberán presentarse no Departamento de Servizos Sociais do Concello da Estrada (en horario de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres) ou a través da sede electrónica do Concello da Estrada (https://aestrada.sedelectronica.gal).
PREZO ACTIVIDADE: 35 € por participante e quincena nos meses de xullo e agosto, e 25€ os días de setembro.
O segundo membro da unidade familiar terá un desconto do 20% sobre o prezo (28 € nas quincenas de xullo e agosto, e 20€ os días de setembro), e a partir do terceiro membro da unidade familiar será gratuíto.
Nos arquivos adxuntos remítese modelo de solicitude e máis información.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
INFORMACIÓN CAMPAMENTOS VERAN 2023.pdf | 149.57 KB |
FICHA INSCRICION CAMPAMENTOS DE VERAN.pdf | 389.73 KB |