O 17 de outubro, celébrase baixo o lema “Antes, durante e despois das guerras”, o Día das Escritoras, para recuperar a palabra de mulleres que nos seus textos reflicten sentimentos, procuras e loitas. Mulleres valentes cuxa obra, en moitas ocasións, foi ignorada. O lema deste ano é unha homenaxe ao papel fundamental que cumpriron en situacións de conflito bélico. Rescatar hoxe a súa voz é un acto de xustiza e recoñecemento cara a todas elas.
Por iso Animamos a toda a comunidade educativa do CEIP do Foxo a participar nesta actividade que atoparedes clicando nesta imaxe.