try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP do Foxo

Benvidos

E alguén acariñou suavemente

A póla dun carballo centenario

E fíxose a Luz...  A Luz da memoria...

A luz dos nosos devanceiros

 

E, paso a paso, principiaban a estrada,

O camiño, a escola.

Os primeiros pasos, o comezo, o principio.

Abroia a Vida no Teatro do Mundo

 

O mellor faro no mar da Vida

O mellor faro para impedir que os pobos tropecen

                                      É UNHA ESCOLA

 

E todos, todos os nenos avistaron o faro.

E todos, todos acudiron á escola.

Escolas feitas coa suor e coas bágoas dos nosos emigrantes.

E logo...  E logo, Xuntanza, Festa rachada, Romaría.

                                      OS PEREIRIÑOS

 

A Carballeira de Pousada vístese de gala

Cos seus mellores atuendos

Ponse coqueta unha vez máis

Para recibir ao mellor do noso futuro:

Os nosos pereiriños...

 

Nenos de Olives, Curantes, Lamas, Pardemarín, Rubín,

Callobre, Berres, Agar, Orazo, Remesar, San Pedro e

Santo Tomé de Ancorados, Riobó...

                                      NENOS DO CEIP DO FOXO

 

Nenos da Estrada.  Nenos da estrada da Vida

Nenos que serán homes e mulleres dun abrente.

Nenos ateigados de sorrisos e bondade,

Que portarán nos seus beizos bicos de leite e pan.

 

Pois claro... Claro que virán máis.  Moitos máis.

Virán milleiros deles

Milleiros de nenos de todas as cores e nacións.

Milleiros...

E entón, sen dármonos conta, ocuparán todos os

Recunchos do (Uni)verso portando nas súas mans:

Luz, Paz, Xustiza e Dignidade

                                      QUE ASÍ SEXA