Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
10
| 11
| 12
| 13
Start: 06/13/2024 23:45
PODCAST- RADIO NA BIBLIO O CEIP do Foxo foi seleccionado e galardoado no V concurso de podcast- Radio na biblio. co traballo “Teoría do xogo” realizado polo alumnado de 4º curso de Primaria e dirixido pola súa titora Marta Otero García. Os seus protagonistas manifestan: “ Este curso, na radio non quixemos pasar por alto a celebración do día das letras galegas adicada a Luísa Villalta: profesora, poeta e activista. Estudamos moito sobre a súa vida e obra e inventamos unha bonita historia para falar sobre ela. Premiáronnos no concurso de podcast de Radio na Biblio. O noso podcast saiu de Foxo nas Ondas, viaxou por Radio Estrada e agora tamén pola Radio Galega”. O premio consiste nunha asignación económica de 1.250€ que deberán destinarse a melloras no equipamento e infraestrutura do laboratorio / emisora de radio ou para actividades relacionadas co funcionamento deste laboratorio de radio, sempre vinculado á Biblioteca do centro. https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/resolucion_iv_concurso_de_podcasts_asinada.pdf
VOLUNTARIADO DE LECTURA As experiencias de voluntariado na biblioteca do noso Centro, foron seleccionadas por fomentar o voluntariado cultural e social entre os integrantes da comunidade escolar. Neste programa participou todo o alumnado de 5º e 6º da nosa escola coas seguintes actuacións: - Servizo de voluntariado bibliotecario(SVB) durante todos os recreos - Lecturas compartidas dentro do Centro: Día de D. Xosé Neira Vilas, Día de Avelina Valladares, presentación do libro Xe de Lara Boubeta….. - Lecturas fóra do Centro: Vídeo conferencia sobre Avelina Valladares, Homenaxe a D. Olimpio Arca Caldas…. O premio consiste nunha asignación económica de 600€ que se destinará ao desenvolvemento dun obradoiro especializado nunha temática relacionada coa Biblioteca Escolar. | 14
| 15
| 16
Start: 06/16/2024 14:04
O Comedor escolar do CEIP do Foxo está asumido pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. Funcionará todos os días da semana de luns a venres.
Están publicadas as instrucións da Secretaría Xeral Técnica sobre o funcionamento dos comedores escolares de xestión indirecta no curso escolar 2024-2025. As familias do alumnado usuario deste servizo, deberán cubrir o ANEXO II (Modelo de autodeclaración) con todos os datos relativos á súa renda (2023), especificando no apartado A) do modelo a cifra do importe que corresponda, no apartado B) os membros da unidade familiar, no apartado C) a renda neta per cápita, e no apartado D) deberán marcar a casilla que corresponda.
Para facilitar o cálculo en función da renda neta per cápita da unidade familiar e do número de menores en idade escolar, a propia Consellería incorporou na súa web unha calculadora á que se pode acceder neste enlace https://www.edu.xunta.gal/comedores/calculadora.jsp
Poden entregar o ANEXO II presencialmente no centro desde o 17 de xuño ata ata o 3 de xullo, ou por correo electrónico (ceip.foxo@edu.xunta.gal) ata o 1 de setembro.
No arquivo adxunto pode descargarse o ANEXO II
|