- Orde Fondo solidario (DOG do 20 de maio de 2024). Orde do 7 de maio
- Circular AXUDAS_ FONDO_2024_25
- ANEXO I e ANEXO II
- Prazos do proceso
O Departamento de Servizos Sociais do Concello da Estrada ten previsto poñer en marcha ó longo do período de vacacións de verán (dende o 1/07/2024 ao 10/09/2024)o CAMPAMENTO DE VERÁN dirixido o a tódolos rapaces e rapazas de 3 a 12 anos.
Estes campamentos desenvolveranse no Colexio.
PRAZO DE INSCRICIÓN: O prazo de inscrición para participar nestas actividades estará aberto dende 4 ao 17 de xuño (ambos días incluídos).
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: As solicitudes de inscrición deberán presentarse no Departamento de Servizos Sociais do Concello da Estrada (en horario de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres) ou a través da sede electrónica do Concello da Estrada (https://aestrada.sedelectronica.gal).
PREZO ACTIVIDADE: 35 € por participante e quincena nos meses de xullo e agosto, e 25€ os días de setembro.
O segundo membro da unidade familiar terá un desconto do 20% sobre o prezo (28 € nas quincenas de xullo e agosto, e 20€ os días de setembro), e a partir do terceiro membro da unidade familiar será gratuíto.
PODCAST- RADIO NA BIBLIO
O CEIP do Foxo foi seleccionado e galardoado no V concurso de podcast- Radio na biblio. co traballo “Teoría do xogo” realizado polo alumnado de 4º curso de Primaria e dirixido pola súa titora Marta Otero García.
Os seus protagonistas manifestan: “ Este curso, na radio non quixemos pasar por alto a celebración do día das letras galegas adicada a Luísa Villalta: profesora, poeta e activista. Estudamos moito sobre a súa vida e obra e inventamos unha bonita historia para falar sobre ela. Premiáronnos no concurso de podcast de Radio na Biblio. O noso podcast saiu de Foxo nas Ondas, viaxou por Radio Estrada e agora tamén pola Radio Galega”.
O premio consiste nunha asignación económica de 1.250€ que deberán destinarse a melloras no equipamento e infraestrutura do laboratorio / emisora de radio ou para actividades relacionadas co funcionamento deste laboratorio de radio, sempre vinculado á Biblioteca do centro.
https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/resolucion_iv_concurso_de_podcasts_asinada.pdf
VOLUNTARIADO DE LECTURA
As experiencias de voluntariado na biblioteca do noso Centro, foron seleccionadas por fomentar o voluntariado cultural e social entre os integrantes da comunidade escolar. Neste programa participou todo o alumnado de 5º e 6º da nosa escola coas seguintes actuacións:
- Servizo de voluntariado bibliotecario(SVB) durante todos os recreos
- Lecturas compartidas dentro do Centro: Día de D. Xosé Neira Vilas, Día de Avelina Valladares, presentación do libro Xe de Lara Boubeta…..
- Lecturas fóra do Centro: Vídeo conferencia sobre Avelina Valladares, Homenaxe a D. Olimpio Arca Caldas….
O premio consiste nunha asignación económica de 600€ que se destinará ao desenvolvemento dun obradoiro especializado nunha temática relacionada coa Biblioteca Escolar.