O pasado 4 de Abril recibimos a visita de Rosalía Morlán, quen presentou o seu último libro "Cando o meu avó esqueceu o meu nome".
O centro educativo está a elaborar un Plan Estratéxico de Mellora (PEM), cuxo obxectivo é realizar unha valoración de necesidades e trazar unha estratexia de intervención acorde ás mesmas. Pedimos a vosa colaboración para cubrir o formulario que se indica a continuación.
O prazo é ata o 30 de abril.
Grazas polo voso tempo.
VOTACIÓNS XORNADA ÚNICA
O día 6 de maio de 2024, de 12.30h a 20.30h terán lugar as votacións para que as familias do Colexio depositen o seu voto respecto deste tema:
XORNADA ÚNICA DE MAÑÁ
Horario lectivo: 09:20 a 14:20 horas
Comedor: 14:20 a 15:35 horas.
Transporte escolar: Entrada ás 09:20. Saída ás 15.35 horas, os luns, mércores, xoves e venres
Entrada ás 09:20 . Saída 16:45 horas, os martes.
Adxuntamos cartel das votacións e o documento de “Proxecto de xornada única”
Moitas grazas