O concello asturiano da Veiga (Vegadeo oficialmente en castelán) aprobou hai agora unha semana unha ordenanza pola que se declara a fala que alí se emprega como lingua oficial do municipio. Deste xeito, o eonaviego -galego de Asturias ou coñecido tamén como galego-asturiano no Principado- considérase, "xunto co castelán, lingua propia do Concello, da administración local e das corporacións públicas que dela dependen".
Documentos relacionados
[A través de Praza.gal
PARA APRENDERMOS MÁIS SOBRE O GALEGO DE ASTURIAS:
Capítulo do micro-espazo Ben falado!, espazo de cinco minutos diarios dedicados á lingua galega que se emitiu hai uns anos na TVG. Foi dirixido e presentado polo académico Xesús Ferro Ruibal. © TVG [Ir ao permalink]