Dende o equipo de Dinamización Lingüistica queremos comunicavos a boa nova de que Sonia Villapol nos concedeu unha entrevista o vindeiro 10 de marzo co gallo da celebración do Día da Muller.
Sonia é unha neurocientífica e profesora no departamento de Neurociruxía, centro de neurorexeneración do Instituto de Investigación Methodist en Houston e profesora de Neurociencias da Universidade de Weill Cornell (Nova Yorke). A súa labor céntrase entre outros no estudo dos danos neuroxenerativos tras un accidente e a relación da flora intestinal co cerebro. Na actualidade tamén traballa conxuntamente con outras científicas no estudo do COVID-19 e os efectos a longo plazo desta enfermidade.
Podedes saber máis sobre a súa labor nesta entrevista realizada no El Progreso: https://www.youtube.com/watch?v=_o4hLABRLrI
E aquí tedes a súa conta de Twiter para mantervos informados: https://twitter.com/svillapol?lang=es
Estamos agardando que chegue o día 10 para falar con ela!!! Mentras tanto animádevos a escribir nos comentarios as preguntas que vos gustaría facerlle para seleccionar as máis interesantes.