Dende o 24 de setembro de 2018 ata o 28 do mesmo mes, Vanesa Ríos e Toni participaron nun curso sobre digital Storytelling en Atenas. Máis concretamente en Ilion. O obxectivo deste proxecto de mobilidade era a aprendizaxe de técnicas dixitais para aplicar posteriormente nas aulas.A academia chamábase ITCS.com e puxéronnnos todo tipo de facilidades para poder levar adiante o training. Queremos agradecer a todo o persoal do centro o trato recibido e moi especialmente ao noso profesor Vasili.
O nome do curso era: Digital Storytelling Tools & Educational Video Production - Web 3.0
Actividades
Durante estes catro días fixemos unha pequena aproximación a técnicas dixitais para contacontos.
Tamén se nos presentaron diferentes formatos cos que poderiamos traballar tales como cómics, animacións e materiais interactivos.
As tarefas eran inminentemente prácticas usando aplicacións encamiñadas a poñer en práctica o aprendido.
Habilidades
Fundamentalmente consistiron na creación de contos dixitais e como compartilos, tamén elaboramos algúns contidos incorporando as técnicas desenvolvidas durante o curso.
En canto as habilidades linguísticas, dicir que as clases eran en inglés, sendo un dos obxectivos destas mobilidades, mellorar e perfeccionar o nivel nesta lingua.
Habilidades informáticas
Durante este curso, creamos e editamos material multimedia usando software variado. Por citar algúns das aplicación utilizadas: Vyond Studio e StoryBoard That, coas que creamos, editamos e compartimos algunhas animacións. Deixámosvos un exemplo.
Do 14ao 27 de xaneiro as mestras de audición e linguaxe, María e Vanessa, viaxaron á rexión da Umbría en Italia para levar a cabo unha formación sobre ferramentas dixitais para o alumnado con necesidades educativas especiais.
O devandito curso abordaba: arteterapia, debuxo en 3D, musicoterapia, estimulación multisensorial…entre outras áreas de traballo. A experiencia foi vivenciada en varios centros educativos onde ademáis, compartiron diferentes perspectivas metodolóxicas, contrastando os dous sistemas educativos e o traballo co alumnado con necesidades educativas especiais.
Do 4 ao 8 de xuño de 2018, dúas mestras do centro desprazáronse a Londres para asistir a un curso sobre a ensinanza de idiomas a través da literatura. A academia na que se impartiu esta formación é Language Link e ten a súa sede no literario barrio de Bloomsbury.
Neste curso participaban tamén profesores doutros países europeos, concretamente Francia, Alemania e Holanda. Todos xuntos compartiron e aprenderon novas técnicas para a utilización da literatura nas aulas é, en último termo, fomentar o uso da lectura en linguas estranxeiras.