Skip to Content

Formación

FORMACIÓN CROACIA

    A semana pasada dúas das nosas compañeiras realizaron unha formación en Croacia sobre “Digital Storytelling”  en relación co proxecto “Trilingual:lectura en acción”. Neste curso, aprenderon sobre ferramentas dixitais que favorecen o ensino multimedia e diferentes técnicas para traballar a comunicación e a expresión oral.
    Ademais, durante este tempo, tamén estiveron compartindo experiencias con profesorado de toda Europa das cales nos veremos enriquecidos no centro moi pronto.

 

 

    Last week two of our colleagues have done a training in Croatia on Digital storytelling. In this course they have learned about digital tools that favor multimedia teaching and different ways to improve communication and oral expression.
    In addition, they have also been sharing experiences with teachers from all over Europe, which we will see enriched in our school very soon.

 

FORMACIÓN PROXECTO "TRILINGUAL" EN FRANCIA

   Este mes de marzo puidéronse realizar as formacións anuladas por motivo da Covid-19 no 2020. Os cursos trataron sobre metodoloxía  Montessori e a dramatización en educación  asi como actualización en recursos para "Storytelling" en relación ao proxecto " Trilingual:lectura en acción". As mestras voltaron as aulas coa mochila cargada de novas ideas para o colexio!!.

   This March we were finally able to carry out the trainings that were cancelled due to Covid-19 in 2020. The courses dealt with Montessori methodology and drama in education as well as an update on resources for "Storytelling" in relation to the project "Trilingual: reading in action".

 

 

FORMACIÓN EN GAMIFICACIÓN EDUCATIVA

    Esta semana tivemos o segundo nivel de formación en Gamificación educativa con Érica Ordoñez, dentro do noso Plan de formación do CFR. Tardes emocionantes de traballo e preparación de actividades para motivar ao alumnado no proceso de ensino-aprendizaxe. Aqui podedes ver algunhas das imaxes das xornadas. 

 

 

 

 

 

FORMACIÓN LINGÜÍSTICA: DUBLÍN

  

 

 

 

  Durante dúas semanas do mes de outubro, as mestras Vanessa e Aida estiveron nun curso de actualización de lingua inglesa en Dublín (Irlanda), dentro da formación do proxecto Erasmus+ KA101 “Trilingual: Lectura en Acción”.

 

 

    For two weeks in October, the teachers Vanessa anda Aida attended an English language course  in Dublin (Ireland), within the Erasmus+ KA101 Trilingual Project: Reading in Action”.

 

 

  

 

   

 

“JOB SHADOWING” EN ALEMAÑA / JOB SHADOWING IN GERMANY

 

   As mestras de Inglés Rebeca e Sofía acudiron no mes de setembro a Bonn (Alemaña) co obxectivo de realizar un “job shadowing” (observación) de tres centros educativos alemáns.

   Durante unha semana de inmersión, as nosas mestras tiveron a gran oportunidade de ver en primeira persoa como o sistema educativo alemán afronta a ensinanza da lingua estranxeira: Inglés. Veñen cargadas de novas ideas para poñer en práctica coa nosa cativada e sobre todo, moita ilusión de seguir gozando desta profesión!

   The English teachers Rebeca and Sofía went to Bonn (Germany) in September. Their aim was to do a job shadowing in three different German schools during a week. Our teachers had the opportunity to see how the German educational system deals with teaching a foreign language: English. They come full of new ideas to put them into practice with their students. 

   Moreover, they are excited about this experience and they are looking forward to enjoying teaching.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut