Skip to Content

Profesional

Curso cortadora plotter

Hoxe tivemos o profesorado unha formación de cortadora Plotter.

Formación sobre acoso

Onte pola tarde tivemos unha formación sobre violencia na infancia e acoso sexual infantil, para o profesorado da nosa escola.

Unha variedade de exemplos, de items para detectalo e consellos de actuación nos levamos desta asociación AMINO.

Nos tamén nos formamos

Hoxe tivemos unha formación en Primeiros Auxilios coa colaboración da Cruz Vermella.  Aínda que algún na imaxe pareza que non atende, portáronse ben.

Unha teoría e práctica que agardamos non ter que empregar.

 

 

Material para 4º de Educación Primaria

Material para 4º de Educación Primaria

MATERIAL DO/A ALUMNO/A 4º DE PRIMARIA

 

·       

1 caderno grande de cuadrícula, tamaño DIN A4.

·       

3 cadernos grandes de dobre pauta (3,5 mm e mínimo de 80 gr) tamaño DIN A4.

·       

1 caderno pequeno de dobre pauta ( só para os/as  alumnos/as de  relixión).

·       

1 carpeta de aneis A4.

·       

1 recambio de follas DIN A4 de dobre pauta perforadas.

·        

1 bolígrafo vermello e 1 bolígrafo azul borrable.

·        

2 lapis STAEDTLER NORIS 2 HB.

·        

1 pegamento de barra para uso infantil e un bote pequeno de cola branca.

·        

1 regra ríxida de 30 cm.

·        

1 caixa de ceras duras ou pinturas de 24 cores.

·        

1 tesoira de punta roma.

·        

2 gomas de borrar.

·        

1 afialapis con depósito.

·        

1 carpeta tamaño folio, con gomas e lapelas.

·        

1 estoxo non metálico.

·        

1 axenda escolar, día por páxina.

·        

15 cartolinas brancas.

·        

1dicionario básico de lingua galega.

·        

1 dicionario básico de lingua castelá.

 

 

O material deberá traer posto o nome do/a alumno/a.

Vale o material do curso anterior se está limpo e en boas condicións.

Cada  alumno/a será responsable do seu propio material, debendo repoñelo cando sexa preciso.

 

Lembramos que os libros becados deben ser entregados en boas condicións de uso a fin de curso. Recoméndase forralos e pórlles  o nome do alumno/a por riba do forro nunha etiqueta autoadhesiva que se poida retirar

Code Week

Estos días coa conmemoración da Code Week, realizamos no centro actividades que teñan que ver co pensamento computacional.

Realizamos xogos con Cody Roby os mais cativos

 

 

E cos maiores CODE 

 

ou Scratch cos mais atrevidos

 

 Queres botar unha partidiña con este Scratch?

É sinxelo: moves o dron coas frechas e con espacio soltas unha semente, da que crecen árbores. Coidado coas bolboretas, se as tocas co dron desaparecen.

Inicia con clik na bandeira verde, paras no hexágono vermello do lado e podes volver a empezar

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut