CELBRACIÓN DO DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES.
Hoxe, 22 de outubro, celebramos no centro o Día das Bibliotecas escolares.
Contamos coa presenza de Justo Calviño e tres colaboradores que viñeron a escola a contarlles un conto do seu próximo libro, que leva por título "Contos do avó".
A actividade levouse a cabo só nos cursos de 4º e 5º de EP (por mor do protocolo Covid e dispoñibilidade horaria) comezando por unha introdución o máis entretida posible sobre o noso concello ao longo dos tempos, na que se mesturou historia, mitoloxía e humor. A continuación leuselles un conto do libro no que interviñan distintas personaxes e rematouse cun turno de preguntas e reflexións.