1ª MISIÓN: COIDAMOS O PLANETA
A nosa 1ª misión é COIDAR O PLANETA, despois de buscar información dámonos conta que hai moito lixo. Que podemos facer con el? .... e a resposta tróuxonola o Capitán Verdemán, un heroe da reciclaxe, con el aprendemos a regra das 3 R: reducir, reutilizar e por último reciclar.
Preparamos as etiquetas para as papeleiras da clase e fixemos un experimento de “plantar algunhas cousas do lixo”( monda de plátano, anaco de mazá, papel de aluminio, plástico, servilleta), imos observar o que pasa.