Circular de inicio de curso

Comezou o curso con normalidade. Como noutras ocasións aproveitamos este primeiro día para enviar moita información ás familias. A circular da ANPA coas actividades e horarios, a axenda para o alumnado de Primaria, a folla de actualización de datos de matrícula e a primeira circular do curso con información relevante sovaliacións, periodos non lectivos ou un resumo das NOF.

 

IMPORTANTE: O día 2 de maio será día lectivo, xa que o Concello elixiu o 8 de marzo como festividade local, o que sumado ao 7 de outubro, completa os dous festivos que ao coincidir en días lectivos xa non permite que os colexios elixan ningún día adicional.

Powered by Drupal - Design by artinet