Skip to Content

 

   

CALENDARIO 2023 - OS XOGOS POPULARES

Este ano o alumnado participou no calendario de parede coas súas interpretación de cadros ilustres onde aparecen os xogos populares como tématica central da imaxe.

No arquivo adxunto podedes ver o resultado.

ESCOLA DE FAMILIAS - CONCELLO DE FERROL

A Concellería de Benestar Social, xunto coas entidades que forman parte do grupo de traballo de infancia, adolescencia e familia (impulsado por esta propia área municipal), continúa nesta segunda avaliación coa ESCOLA DE FAMILIAS MUNICIPAL. Neste caso, o tema abordado será a sexualidade, con tres sesións durante o mes de febreiro.

As sesións serán os mércores e terán lugar, como no primeiro módulo, no salón de actos da Casa Solidaria (rúa Velázquez), nomeadamente os días 1, 8 e 15 de febreiro.

 

FESTIVAL DE NADAL 2022

Estimadas familias; este ano retomamos o noso festival de nadal coa participación de tódolos grupos en dúas quendas:

  • 21 de decembro para o alumnado
  • 22 de decembro para as familias a partir das 12:00

 

Para poder organizar a asistencia das familias, facilitamos uns horarios aproximados para que teñades tempo para vir e ver ao voso/a fillo/a.

ORGANIZACIÓN

 

1. ☐ 12:00 4º Educación Infantil (3 anos) ”Din don dan”.

2. ☐ 12:15 5º Educación Infantil (4 anos) “Volver a casa por Nadal”.

3. ☐ 12:20 6º Educación Infantil (5 anos) “Apalpador”.

4. ☐ 12:30 1º e 2º Educación Primaria  ”Con un sombreiro de palla”.

5. ☐ 12:35 3º e 4º Educación Primaria  ”Joy to the world”.

 

6. ☐ 12:45 5º e 6º Educación Primaria  “Capitán mi capitán”, “Panxoliñas”.

 

 

OS XOGOS POPULARES

 

Que xogos rondan os nosos corredores...

   
O PEÓN (S/V) OS ZANCOS (C/V)  A CHAVE (S/V)
     
A COMBA (C/V) AS CHAPAS (C/V) A PETANCA (S/V)
     
A PITA CEGA (C/V) OS BOLOS (C/V)  O ARO(C/V)
   
A MARIOLA (C/V) A RODA (C/V) O PANO (S/V)
     
O BOLICHE (C/V)    

 

 

CARREIRA SOLIDARIA CONTRA A LEUCEMIA INFANTIL

Estimada comunidade educativa, queremos agradecer en nome da Fundación UNOENTRECIENMIL a vosa colaboración na VOLTA AO COLEXIO contra a leucemia infantil. 

Grazas a aportación solidaria da nosa comunidade poderán seguir investigando no estudo desta enfermidade.

Para máis información tedes a páxina web.

 

 

AMPLIACIÓN DA AXUDA PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR

No Diario Oficial de Galicia do día 14 de outubro de 2022 está publicada a Resolución do 5 de outubro de 2022 de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar, regulada na Orde do 29 de abril de 2022.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20221014/AnuncioG0655-061022-0001_gl.html

Nesta resolución establécese que os beneficiarios do vale para adquirir material escolar por importe de 50€ recibirán un vale adicional de 25€.

 

As familias podedes retirar os vales na secretaría do centro de luns a venres en horario de 09:00 a 09:50.Coa retirada do vale asinaredes un recibí onde especificaredes o DNI.

 

Estes vales deben ser gastados antes do 1 de decembro 2022.

DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS

O 24 de outubro conmemórase o Día Internacional das Bibliotecas, pero... sabedes por que se celebra este día? Conmemórase desde o ano 1997, recordando a destrución da biblioteca de Sarajevo, na guerra dos Balcáns en 1992. Nesta guerra a biblioteca incendiouse, e perdéronse centenares de miles de libros, algúns de moito valor.

Desde o Ministerio de Cultura e Deporte programan unha serie de actividades e no seguinte enlace poderedes ver toda a información relacionada con esta conmemoración:

https://www.culturaydeporte.gob.es/cultura/areas/bibliotecas/mc/dia-bibliotecas-2022/presentacion.html

Ademais o cartaz deste ano, foi realizado por Xulia Vicente, ilustradora nada en Cariño. 

Na escola, tamén conmemoraremos esta data, cunha visita moi especial. Será o día 21 de outubro e compartiremos con Antón lecturas, xogos e moitas aprendizaxes.

 

APERTURA DA BIBLIOTECA ESCOLAR

Este curso a biblioteca da escola abríu as súas portas a inicios de outubro. Despois de dous anos con restriccións, retomamos o uso da biblioteca na hora de lecer, onde o alumando poderá:

  • Coller ou devolver libros, pelis, revistas...
  • Empregar o recanto LEGO
  • Xogar cos xogos de mesa
  • Utilizar os ordenadores
  • Ler, estudar...

Todo esto grazas á colaboración dos axudantes da Pescadora de Historias, alumnado de 5º e 6º que, de xeito voluntario, acude no recreo á biblioteca para axudar e dinamizar todas actividades realizadas. 

 

 

 

 

PROA+

Comezamos o programa PROA+ co alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria.

Documentación PROA+ | Consellería de Cultura, Educación e Universidade (xunta.gal)

 

OBXECTIVOS DO PROGRAMA

O obxectivo do programa é o éxito escolar de todo o alumnado, facendo especial fincapé naquel en situación de vulnerabilidade educativa. Por iso, o programa concíbese como un mecanismo de axuda para a transformación dos centros que afrontan unha maior complexidade educativa durante o período 2021-2024.

 

Características e desenvolvemento do programa

O Programa PROA+ estrutúrase ao redor de cinco liñas estratéxicas de actuación, inspiradas nos principios pedagóxicos PROA+, sobre as que os centros terán que focalizar as súas actividades panca no Plan de mellora.

 

Liñas estratéxicas e ámbitos de actuación

  1. Asegurar as condicións mínimas de educabilidade do alumnado. Alumnado vulnerable
  2. Apoiar o alumnado con dificultades para a aprendizaxe. Alumnado vulnerable
  3. Desenvolver actitudes positivas no centro Actitudes no centro
  4. Mellorar o proceso de ensino-aprendizaxe daqueles aspectos das competencias básicas con dificultades de aprendizaxe. Procesos de ensinanzaaprendizaxe
  5. Aplicar novas formas de organización e xestión do centro orientadas a mellorar o éxito educativo de todo o alumnado, contemplando infraestruturas estratéxicas e a mellora da calidade e estabilidade do profesorado ou profesionais que participen no desenvolvemento do programa. Centro e administración educativa

G-NIGHT 2022

Queremos agradecer a invitación que nos fixeron dende o CITENI (Centro de Investigación e Tecnoloxías Navais e Indutriais) para asisitir un ano máis a unha xornada inesquecible.

A continuación tedes uns vínculos cos obradoiros da xornada.

https://twitter.com/CITENI_UDC/status/1578046414332067841

https://fb.watch/g0ctSA8ecu/

https://www.instagram.com/p/CjbKEjhDcA6/

Distribuir contido


by Dr. Radut