Páxinas web de interese
ENCRUCILLADOS PARA APRENDER
Posted Xaneiro 22nd, 2014 by xurxoboAquí van algúns encrucillados que nos poden axudar a mellorar o noso vocabulario
LETRAS GALEGAS 2013
Posted Abril 15th, 2013 by xurxoboComo xa sabedes este ano 2013, adícase a Roberto Vidal Bolaño.
Aquí tedes un xogo para aprender e pasalo ben.
Páxinas web de interese
Posted Decembro 19th, 2009 by amarcosEnlaces de interese
Se coñecedes algún enlace que pensades que pode figurar nesta relación ( se pode axudar a visualizar máis o galego, a que poidamos achegarnos á lingua galega dun xeito máis doado, máis lúdico...), moi agradecidos por facérnolo chegar. Estamos intentando entre moitas persoas, colectivos, centros, asociacións, institucións... ir completando, mellorando, cambiando se algo está mal (aparte de moi incompleta)... esta lista.
Agradeceriamos moito calquera achega, suxestión, crítica, contrastar opinións...Queremos axudar a que todo membro das comunidades educativas, e da sociedade en xeral, poida coñecer algo do que sabemos que existe e algúns utilizamos, por se lle pode ser de utilidade a alguén.
Tamén agradecemos moito o envío desta información a calquera persoa que puidese estar interesada.COORDINADORA DE ENDLS. E REVISTA PARA AS FAMILIASPode axudar moito e darnos ideas polas moitas e variadas actividades e informacións que recolle. Será un tempo moi ben empregado o que se poida empregar nela http://www.coordinadoraendl.org/entrada.php
Revista moi interesante para toda a familia http://www.coordinadoraendl.org/entrada.php?paxina=ollosdeaula/ollosdeaula.htmlPublicación para o profesorado interesado http://coordinadoraendl.org/aletramiuda/index.phpREVISTA COMUNIDADEQueremos traer aquí a revista da Federación de ANPAS "A GAMELIÑA", que ten por nome "COMUNIDADE" http://comunidaderevista.blogspot.com.es/ Premendo no enlace, podedes facer clic para ollar os seus apartados. En "Hemeroteca" podedes acceder aos números editados, que conteñen moitas informacións moi variadas e interesantes...Se queredes ver e participar, escoitar cantigas, ler chistes, comentar... algunhas das nosas colaboracións, só tedes que premer na pestana que pon "EDLG Espiñeira" http://comunidaderevista.blogspot.com.es/search/label/EDLG%20Espi%C3%B1eiraAgradeceremos moitísimo calquera opinión, suxestión, crítica construtiva... escribíndoa ao final da actividade no lugar dos COMENTARIOS.Sitio da Academia Galega: información sobre as actividades, académicos, discursos de ingresos, fondos e publicacións. Moi completa, con buscador para atopar o que queremos, obras na biblioteca virtual, dicionario, hemeroteca, arquivo, publicacións, recursos, o galego, actualidade, membros da academia, letras galegas... e moito máis.
Arriba á esquerda, pulsando en contacto, podedes enviarlle dúbidas, suxestións, consultas lingüísticas...
Tamén nesta páxina podemos atopar o dicionario da RAG que acaba de saír e é gratuíto. DICIONARIO DA REAL ACADEMIA GALEGA 2012 Con máis de 50.000 entradas, o novo Dicionario da Real Academia Galega, entre outras utilidades, conta coa posibilidade de escoitar a realización sonora das palabras. Este dicionario establece a norma da lingua galega no referente ao léxico. Aquí poderás atopar a ortografía normalizada das palabras e os seus significados, así como información importante sobre a pronunciación, as propiedades gramaticais, os sinónimos, os antónimos, o rexistro, e outros datos útiles para o uso correcto da lingua. A min deume moi bo resultado metelo en Marcadores (noutros vén como Favoritos) e estoume acostumando a el, pero axuda moito, é moito máis rápido que andar a buscar nos de papel se unha palabra existe, se está ben escrita ou non, significado, incluso moitas veñen con sinónimos, antónimos... Dáme a impresión de que se lle pode sacar moito partido. Por iso estou aconsellando a todas as persoas interesadas que o metan en "MARCADORES" ou "FAVORITOS". Se podedes pídovos que o utilicedes, cando poidades e logo comentamos.
Instituto da Lingua Galega (ILG)
Páxina con información sobre o galego: léxico, morfosintaxe, mapas dialectais, bibliografía lingüística... Múltiple, variada e moi extensa documentación.
PÁXINAS CON MATERIAIS DIDÁCTICOS QUE PODEN AXUDAR: INCLÚEN MOITOS MATERIAIS E MOI VARIADOSFIREFOX Mozilla : un navegador fabuloso, para moitos que saben bastante disto é o mellor neste intre, que ademais de ser libre, podes elixilo na lingua queiras, sinala as palabras que non existen en todo o que redactes na rede, xa no momento que escribes, co que te das conta inmediatamente e podes corrixilo dun xeito moi doado. Nós, e moitos compañeiros, atopamos os seu uso moi cómodo e fácil con versións para Windows, Linux...
UNIVERSIDADE DE VIGO con moitas páxinas "fillas", tamén moi interesantes como:
http://sli.uvigo.es/CLUVI/
http://sli.uvigo.es/CLIG/info.html
http://sli.uvigo.es/dicionario/
http://sli.uvigo.es/tradutor/
O CORRECTOR PARA LIBREOFFICE (parecido ao word, pero software libre)
Corrector ortografico de galego 2011-11-28
http://extensions.libreoffice.org/extension-center/corrector-ortografico-de-galego-2011-11-28
trasno.net PROXECTO TRASNO (software libre) Moitas posibilidades
e buscando dentro desta moitas como, por exemplo:
O GALEGO NAS NOVAS TECNOLOXÍAS Múltiples recursos para poder mellorar neste mundo das TIC, que cada vez vai adquirindo maior importancia.
XUNTA DE GALICIA: FERRAMENTAS INFORMÁTICAS
XUNTA DE GALICIA: LINGUA GALEGA-ENDLGXUNTA DE GALICIA : INICIATIVAS PARA AS FAMILIAS
http://www.xunta.es/linguagalega/revistas_e_boletins_dos_centros_de_ensino
ou, por que non?, ir directamente onde teñen exposta unha das nosas actividades:
1.º CANCIONEIRO C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN
( Este curso xa levamos traballado o 2.º CANCIONEIRO, que se pode atopar e escoitar na nosa páxina web, en 2.º CANCIONEIRO CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN )
e moito máis que podemos atopar aí, xa que dispoñen dun buscador que facilita a tarefa.
DICIONARIO DE DICIONARIOS, que recolle moitas palabras que veñen de moi antigo e algunhas xa se usan pouco. Inclúe varios dicionarios polo que é moi completo.
Páxinas interesantes que poden axudar, manternos informados de novidades...
http://cartaxeometrica.blogspot.com.es/
UN BLOGUE BASTANTE PREMIADO E UN POUCO CURIOSO
http://galegoenlondres.blogspot.com.es/
REFLEXIONANDO SOBRE EDUCACIÓN. PREESCOLAR NA CASA
Tamén queremos aproveitar a oportunidade para incluír aquí varios enlaces que consideramos interesantes para visitar, ver, gozar e participar en diferentes páxinas do noso centro:
CEIP Espiñeira-Aldán ( Cangas ) http://ocantildaspalabras.blogspot.com.es/ ,
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipespinheiraaldan/category/6/16
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipespinheiraaldan/category/6/16/64
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipespinheiraaldan/category/6/16/65
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipespinheiraaldan/category/9/37
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipespinheiraaldan/category/9/38
e moitos outros, que a S.X.P.L., nos recomendou a través de:
http://www.xunta.es/linguagalega/blogues_educativos
Seguro que sabedes dalgún máis, verdade? Se é así, agradeceremos moito que o compartades, que nolo comuniquedes. As opinións e as experiencias de cada un, poden axudar moito aos demais.
O mapa dos apelidos. O Instituto da Lingua Galega e a Real Academia Galega, en colaboración co Cesga, ofrecen na rede a posibilidade de consultar a cartografía dos apelidos de Galicia, a partir dos datos do Instituto Nacional de Estatística (2001).
Intervención de Belén Regueira recollendo o seu premio "Mestre Mateo" 2009
Na lingua de todos
Posted Maio 15th, 2009 by amarcosDescubrimos este blogue doutro centro que nos parece moi interesante, ten variedade de contidos: musicais, vídeos, materiasi sobre as letras galegas, para asinar a favor do galego... Se queres botarlle un ollo pica AQUÍ.
Outros
Posted Maio 4th, 2008 by amarcosO mapa dos apelidos. O Instituto da Lingua Galega e a Real Academia Galega, en colaboración co Cesga, ofrecen na rede a posibilidade de consultar a cartografía dos apelidos de Galicia, a partir dos datos do Instituto Nacional de Estatística.