AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL para o curso 23/24
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL PARA O VINDEIRO CURSO ESCOLAR 2023/24
- Axudas para a adquisión de material escolar: Todo o alumnado que o vindeiro curso 2023-24 estea matriculado en Primaria poderá solicitar dita axuda. Nesta convocatoria estas axudas serán diferentes dependendo das marxes de renda per cápita de cada unidade familiar. Se a renda per cápita da unidade familiar ér igual ou inferior a 6.000 €, a axuda será de 75 €; se é superior a 6.000€ e inferior a 10.000€, será de 60€.
- O alumnado que curse 1º e 2º de Primaria, tamén poderá optar á axuda para a adquisición de libros de texto en diferentes contías dependendo da renta per cápita.
- O alumnado que o vindeiro curso esté matriculado en 3º e 4º de Primaria debe solicitar o fondo de libros. O alumnado que realizase reserva de prazo noutro centro deberá presentalo neste último (alumnado de 6º).
O alumnado que reciba os libros de texto comprométese a conservalos en bo estado e devolvelos ao fondo solidario ao finalizar o curso 2023/24. Os libros asignaranse según á renda per cápita da unidade familiar. En caso de cambio de centro o alumnado deberá devolver o lote de libros recibido.
- O alumnado de 5º e 6º de Primaria só poderá solicitar axuda de material xa que no centro se desenvolve o programa E-Dixgal (emprego de materiais dixitais).
* Os libros entregaranse en setembro de 2023,ao inicio do curso escolar.
* Os vales/cheques poderán ser recollidos no comezo do mes de xullo (enviarase aviso abalar cando se atopen dispoñibles)
* Estas axudas serán compatibles con calquera outra axuda.
Toda a información premendo en D.O.G. de venres, 19 de maio de 2023
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR E DATOS XERAIS DA CONVOCATORIA
*Prema no enlace e poderá descargar os ANEXOS I e II
https://sede.xunta.gal/doc-invia/rest/anexos/23899294
* Debe ser cuberto e entregado no centro no caso de realizarse de modo presencial (ver modos de presentación). Data límite: 21 de xuño de 2023 (inclusive). IMPORTANTE: Deben asinarse en todos os recadros ó efecto (tanto polo solicitante como daquelas persoas que computan na unidade familiar) e sinalar a autorización de comprobación de datos ou non de modo expreso riscando na casilla correspondente.
* Estes anexos son válidos para a solicitude de axuda para a adquisición de material escolar e de fondo de libros.
* A solicitude será única para todos os/as fillos/as que estean no mesmo centro docente. Indicarase o curso no que estarán matriculados os nenos/as no vindeiro curso.
* A renda familiar é a do ano 2021. Sumaranse as cantidades que aparecen nos recadros 435 e 460 e dividirase polo número de membros da unidade familiar.
- Debe entregarse no centro a copia do libro de familia onde figuren todos os membros da unidade familiar.
- Outra documentación (de ser o caso):
- documentación relativa a separación e/ou divorcio (convenio regulador no relativo a/o menor),
- discapacidade (de calquera membro da unidade familiar),
- situación de violencia de xénero,
- situación de acollemento ou certificado do centro de menores en situación de garda tutela ou garda da Xunta de Galicia.
MODOS DE PRESENTACIÓN
Para a tramitación da solicitude de modo presencial recoméndase ter concertada cita previa vía telefónica. Para a recollida da solicitude NON será necesaria.
Poderase realizar a solicitude accedendo á aplicación Fondolibros, e unha vez que teñan cubertos todos os datos deberán gardala, obtendo así o número de solicitude, e posteriormente poderán optar polas seguintes formas de presentación:
1) Presentación no centro: Neste caso imprimirán a solicitude e o anexo II e presentaranos no centro (debidamente asinados), xunto coa documentación.
2) Presentación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia. Tras el, o centro recibirá aviso das solicitudes achegadas por esta vía.
Para calquera outra información ou dúbida sobre este procedemento e a súa solicitude, poden chamar ao teléfono do Centro: 886 151188 , preferentemente de 9 a 10 .