Skip to Content

 

     

   

 

     xogade        

 

RESERVA DE PRAZA DO ALUMNADO DE 6º EP para 1º ESO NO IES FRANCISCO ASOREY. CURSO 2023/2024

ED550A: Reserva de praza, cambio de un centro a outro ao que se está adscrito (do CEIP Plurilingüe Enrique Barreiro Piñeiro ao IES Francisco Asorey-Cambados).

Prazo 15/01/2022 ao 06/02/2023

O próximo día 15 de xaneiro de 2023 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

Aplicación de xestión das solicitudes de reserva para centros adscritos  e admisión (prazo do 1 ao 20 de marzo de 2023), para alumnos de Educación Infantil, Primaria, Ensinanza Secundaria Obrigatoria e Bacharelato en centros sostidos con fondos públicos.

Solicitude de ReservaPrazo do 15 de xaneiro ao 6 de febreiro de 2023

Información sobre o trámite:

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED550A

 

Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opción descritas a continuación:

1.    

Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro:
Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá entrara seleccionar a opción de menú “Solicitudes–> Reserva –> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Confirmar solicitude”. Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón “Confirmar” e poderá descargala para asinar e presentar no centro.

  1. Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica
    Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital, para elo deberá premer na icona verde que se atopa arriba a dereita . Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes–> Reserva –> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que ten que indicar os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Confirmar solicitude”. Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón “Confirmar” e posteriormente premendo no botón «Asinar e presentar en Sede Electrónica», poderá asinar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de firma remate correctamente.

IMPORTANTEDebe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia o anexo I bis dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR, ultima páxina da solicitude que pode visualiar e descargar nesta aplicación).

Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar solicitude. 

3.    

Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro, xunto coa documentación requerida. Non esqueza de adxuntar tamén o anexo I coa comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar): 
Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual.
Ben solicitando o impreso nas secretarías dos centros onde o alumno esta matriculado ou descargalo do arquivo adxunto, cubrilos e presentalos asinados no centro, xunto coa documentación pertinente.



page | by Dr. Radut