INFORMACIÓN ADMISIÓN ALUMNADO CURSO22/23
Normativa:
• Decreto 254/2012, do 13 de decembro que regula a admisión de alumnado (Dog nº 245 do 26 de decembro de 2012)
• Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se regula o procedemento de admisión de alumnado (DOG nº 53 de 15 de marzo de 2013)
• Orde do 25 de xaneiro de 2017 (modifica Orde 12 de marzo de 2013), pola que se desenvolve o procedemento de admisión do alumnado (DOG nº 22 de 1 de febreiro de 2017)
• Orde do 18 de decembro de 2020 (modifica Orde 12 de marzo de 2013), pola que se desenvolve o procedemento de admisión do alumnado (DOG nº 256 de 22 de decembro de 2020)
A Dirección do CEIP Plurilingüe Enrique Barreiro Piñeiro pon en coñecemento de tódolos/as pais e nais de alumnos/as interesados/as en matricular alumnos/as novos neste centro, que dende o 01 de marzo de 2022 ata o 21 de marzo de 2022, ambos incluídos, poden presentar solicitudes de admisión, na secretaría do centro, de 9 a 14 horas.
1 Os impresos de solicitude (ED550B) serán facilitados na secretaría do centro,
na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal/modelos-normalizados ,
na aplicación <admisionalumnado> https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado
2 Cada solicitante presentará na secretaría do centro que pide en 1º lugar unha única solicitude. Presentar solicitudes en máis dun centro determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
3 DOCUMENTACIÓN
• Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a súa consulta
• Documento acreditativo do requisito de idade do/da alumno/a (Libro Familia, DNI, …)
• Certificado oficial do expediente académico, no seu caso.
• En caso de separación ou divorcio, copia da sentenza ou convenio regulador.
No caso de separación ou divorcio a solicitude terá que estar asinada por ambas/os proxenitoras/es, agás que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles. En ambos casos, será necesario presentar, xunto coa solicitude de admisión, a resolución xudicial correspondente para o seu cotexo polo centro educativo.
BAREMACIÓN
Cando o número de solicitudes supere o número de prazas, os solicitantes deberán presentar a documentación necesaria para acreditar os criterios de baremo entre o 24 de marzo 2022 e o 6 de abril de 2022 ( Na páxina web do Centro e no taboleiro de anuncios publicaremos os cursos para os que sexa necesario baremar; tamén poden consultalo chamando ao teléfono do centro)
- A lista provisional de alumnado admitido farase pública o 22 de abril (Prazo de reclamación: 25 de abril ao 29 de abril 2022).
- A lista definitiva de alumnado admitido farase pública o 12 de maio de 2022.
4 A partir da data de publicación da lista definitiva de admitidos os/as pais e nais teñen un mes de prazo contado a partir do día seguinte a súa publicación, para facer reclamacións ante o Xefe Territorial da Consellería de Cultura, Educación e O.U. (recurso de alzada).
5 O alumnado matriculado neste centro e que presente solicitude de admisión noutro centro distinto, ten a obriga de remitirnos unha copia da solicitude presentada. (Artigo 9 punto 3 da Orde 12 de marzo de 2013)
6 As solicitudes fóra de prazo ( do 22 de marzo ao 25 de abril) presentaranse no centro elixido como 1ª opción.
7 PRAZO PARA FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA
Entre o 20 e o 30 de xuño de 2022. Os impresos de matrícula (anexo III da Orde do 12 de marzo de 2013) serán facilitados na secretaría do centro.
Documentación a presentar para formalizar a matrícula:
• Certificado ou informe médico. (non é necesario que veña no papel oficial).
• 2 fotos recentes tamaño carné.
• Copia da tarxeta sanitaria.
• Certificado de matrícula
• En caso de separación ou divorcio, copia da sentenza ou convenio regulador.
O alumnado e as familias poderán consultar o estado de tramitación das súas solicitudes a través da aplicación
< admisionalumnado> (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) Utilizando o código da solicitude e o número de DNI da persoa solicitante.