Skip to Content

Centro de referencia DIGICRAFT

A Fundación Vodafone en colaboración coa Universidade de Salamanca distingue a tres centros educativos de España: Colexio Al-yussana (Córdoba), Ceip La Gaviota (Alcalá de Henares) e CEIP Emilia Pardo Bazán (A Coruña) coa mención como "Centros de Referencia Digicraft" Foi outorgado o pasado venres 10 de marzo pola secretaria de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial de Madrid, Dona Carme Artigas, recoñecendo a estes centros o seu labor na transformación dixital no ámbito educativo.

Noraboa ao alumnado que cursa sexto de primaria participante no proxecto desde o curso pasado e ás súas docentes polo esforzo realizado. Podedes ver todos os traballos realizados no seguinte enderezo: DIGICRAFT

NOTA DE PRENSA

Bolsas comedor escolar curso 2023-24

 

O pasado 7 de marzo de 2023 publicouse no Boletín Oficial da Provincia da Coruña a convocatoria das bolsas municipais de comedor para o curso 2023-2024.

Prazo de presentación: do 13 de marzo ao 12 de abril, ambos incluídos.

 Toda a información da convocatoria pódese consultar:

  • na web municipal de servizos sociais

https://www.coruna.gal/servizossociais/gl/detalle-contido/bolsas-comedor-para-o-curso-escolar-2023-24/suceso/1453831862550?argIdioma=gl  

  • na sede electrónica municipal

https://sede.coruna.gal/sede/gl/tramites-e-servizos-electronicos/guia-de-procedementos-e-servizos/detalle-de-procedementos/bolsas-comedor/contenido/1453739229256?argIdioma=gl

  • no teléfono 010 de información cidadán

NOTA: Entre outros requisitos para acceder á bolsa, a/o alumna/o solicitante deberá ter un DNI, NIE ou número de identificación fiscal válido.

AVISO:NINGÚN SOLICITANTE TEN QUE PRESENTAR NEN CERTIFICADO DE

MATRÍCULA NEN SOLICITUDE DE MATRICULA.

ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 2023-24

NOVA: Comunícase que unha vez rematado o prazo de reserva de praza para o vindeiro curso escolar 2023-2024 todos os solicitantes obtiveron praza AGÁS en 4º curso de primaria onde é necesario facer a baremación. A información relativa a este proceso atoparase exposta no taboleiro de anuncios do centro a partir de hoxe.

As listaxes provisionais estarán expostas no taboleiro de anuncios do centro A PARTIR DO DÍA 25 DE ABRIL.

Empeza o proceso de admisión de alumnado para o vindeiro ano académico 2023-2024. Pódese consultar toda a información no seguinte documento:

Acceso web:

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

 

 

Día de Rosalía. 23 de febreiro.

Chega o 23 de febreiro e con el o Día de Rosalía, non deixedes de escoitar a preciosa voz de Amancio Prada poñendo música á súa obra.

Lembrade que a visita virtual á Casa Museo de Rosalía estrea un avatar de Maruxa Villanueva no seguinte enderezo: https://my.treedis.com/tour/casa-de-rosaliaprincipal-ea8a2c37

4 IN A YEAR - WINTER

 

As you know, this school year we are developing a project called "4 in a year". We try to learn as much as possible about the 4 seasons of the year through different activities using the new technologies. Well, our second approach is related to the current season: WINTER.  It is an immersive experience with : 

     - a podcast in our school radio station
     - peace wordclouds
     - posters
     - recommendations for an eco-friendly winter
     - our classroom display and a photocall
     - images created with AI (Artificial Intelligence).
 
Are you ready for a winter experience? Well, please sit on a comfy couch with a blanket and a hot chocolate. Here we go! 
 
 
 
 
 
 
 

Xornada de portas abertas.

O vindeiro luns 6 de marzo teremos a xornada de portas abertas para o alumnado de nova incorporación en 4º de infantil en dúas quendas a primeira de 16:00 a 17:00 e a segunda de 17:00 a 18:00. Rogamos cheguen con algo de antelación á hora prevista de inicio.O vindeiro luns 6 de marzo teremos a xornada de portas abertas para o alumnado de nova incorporación en 4º de infantil en dúas quendas a primeira de 16:00 a 17:00 e a segunda de 17:00 a 18:00. Rogamos cheguen con algo de antelación á hora prevista de inicio.

Portas Abertas de Aurora Candal

O vindeiro luns 6 de marzo teremos a Xornada de Portas Abertas para o alumnado de nova incorporación en 4º de infantil en dúas quendas a primeira de 16:00 a 17:00 e a segunda de 17:00 a 18:00. Rogamos cheguen con algo de antelación á hora prevista de inicio, non é necesario pedir cita.

queremos de Aurora Candal

Entroido de Verín

Seguindo ca preparación do entroido, tivemos a visita de Jacinto e Paulo, pais de alumnado do noso centro. Con eles viaxamos ata Verín e sentímonos como verdadeiros Cigarróns con eses traxes tan vistosos e que son herdados xeración tras xeración. Moitísimas grazas por transmitirnos esa paixón que tedes polo voso entroido, disfrutade moito na vosa festa!!!!!!

cigarróns de verín de Aurora Candal

Distribuir contido


by Dr. Radut