Skip to Content

CONVOCATORIA ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2024-25

De conformidade co establecido na Convocatoria no D.O.G. do 30-09-2022 Resolución do 19 de setembro de 2022 realizarase proximamente neste Centro a renovación parcial do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do Colexio.

 A organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto e estará integrada por:

 

  • A Directora  do Centro.
  • Un representanrte do profesorado.
  • Un representante de nais/pais.
  • Un representante do persoal de administración e servizos.

CONVOCATORIA ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR

 

 

CANDIDATURAS NAIS/PAIS

Circular inicio de curso/Calendario escolar

Comezamos un novo curso e recordamos algúns aspectos importantes no seguinte adxunto.

Benvidas e benvidos!!!!

Reunión familias

Reunións informativas comezo de curso

PROXECTO EDIXGAL. Información para o alumnado de 5º e 6º de primaria.

O alumnado de 5º de EP traballará este ano por primeira vez con libros dixitais, dentro do proxecto E - Dixgal. Para poder levar os equipos á casa previamente deberá ser entregado cuberto e asinado o documento de cesión dos mesmos que será entregado no centro.

Podedes consultar toda a información para as familias na seguinte ligazón https://espazoabalar.edu.xunta.gal/e-dixgal/informacion-para-familias

No folleto informativo atoparán entre outras cousas información sobre o equipamento que recibe o alumnado, a resolución de problemas a través do soporte premium, o seguro que oferta a consellería...

COMO CONTACTAR CO SERVIZO PREMIUM

  •  TELÉFONO 881 86 99 00
  • Whatsapp (sen chamadas)

 604 06 78 56

  •   @Serviciopremiumedixgal

SEGURO ANUAL

881 505 136

Folleto informativo familias

SOPORTE PREMIUM

 

 

 

RECOLLIDA DE MATERIAL ESCOLAR. SETEMBRO 2024

 

                        

 

 

Resolución definitiva do reparto de fondo libros 3º e 4º

A partir de mañá 11 de xullo de 2024, estarán expostas no taboleiro de anuncios do centro, a resolución definitiva do reparto de fondo libros para 3º e 4º curso de Educación Primaria.

Poderán consultarse no centro ata o día 19 de xullo en horario de 10h. a 13h.

Axudas libros e materiais

Xa están publicadas as listaxes provisionais das axudas de fondo libros no taboleiro de anuncios do colexio. O prazo de reclamacións remata o día 10 de Xullo. O día 11 de xullo publicaranse as listaxes definitivas.

 

Os cheques das axudas de libros e de materiais poden ser recollidos na secretaría do centro en horario de 10.00h a 13.00h.

 

CORO DAS EMOCIÓNS. XUÑO 2024

 

   O venres 14 de xuño tivo lugar no CMUS profesional o concerto fin de curso do Coro das Emocións do noso cole. Despois dun gran traballo ao longo do curso preparando un variado repertorio con gran ilusión, chegaba o día da presentación. Tivemos a sorte de contar un ano máis cos músicos do IES Monte das Moas (Dijo 4) e tamén coa colaboración especial de J. Antonio García Mato (director do coro “Concerto tempo” e filiais) e a nosa querida cantante Rosa Cedrón. O coro estivo magnífico, chegando a emocionar ao numeroso público asistente.

 

   Se queredes escoitar o concerto íntegro, aquí o tedes.

 

 

ARRIBA O PANO. XUÑO DE 2024

Distribuir contido


by Dr. Radut