Skip to Content

eTwinning

O noso centro foi un dos 174 centros de España acreditados con eTwinning School formando parte do programa eTwinning.

Sello Escolar eTwinning 2023-2024

Lista de centros galardonados 2023-2024

Placa recibida

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2023-24

Lembramos aos admitidos que deberán formalizar a matrícula na secretaría do Colexio do 20 ao 30 de xuño de 2023 en horario de 09:00 a 14:00 horas. Lembrade que de non formalizar a matrícula perderase o dereito á mesma.

 DOCUMENTACIÓN NECESARIA

1.- Impreso de matrícula Anexo III-1 (recoller en Secretaría). DESCARGAR IMPRESO.

2.- Ficha de datos persoais (recoller en Secretaría). DESCARGAR FICHA.

3.-Impreso de autorización dos dereitos de imaxe (recoller en Secretaría). DESCARGAR AUTORIZACIÓN EDITABLE, PDF.

4.- Cuestionario lingua materna para as familias de educación infantil. DESCARGAR IMPRESO.

5.- Outros documentos:

      * 6 Fotografías tamaño carné para o alumnado de educación infantil.

      * 2 Fotografías tamaño carné para o alumnado de educación primaria.

6.- Fotocopia Tarxeta Sanitaria.

 7.- As familias do alumnado de novo ingreso no centro que desexen darse de alta na Asociación de Nais e Pais (ANPA Milnen@s) poden facelo non seguinte ENLACE.

O Bosque Animado

Despois dun día moi emotivo como foi o venres e a representación do Bosque Animado, non é posible resumir tanto talento en tan pouco tempo. Simplemente agradecer a todas as actrices e actores, ao equipo de teatro e profes colaboradores, a familias, Chus, Marisol, achegados como Xulio, Juan e o grupo musical Dijo4 e moi especiais a Marta polo inmenso traballo co decorado, GRAZAS, GRAZAS E MIL GRAZAS.
Todo este traballo non sería posible sen a vosa colaboración.
E un recordo moi emotivo para o noso compañeiro José Manuel e a nosa compañeira Chus, eles tamén forman parte deste proxecto, o noso corazón está con vós.
Todas as fotos e vídeos podedes velas no seguinte enderezo:
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipemiliapardobazancoruna/galeria/thumbnails.php?album=280

 

 

 

 

Bosque animado 2 xuño de Aurora Candal

O TEATRO NO EMILIA (CHEGOU O DÍA)

Hai xa moitos anos que no Emilia empregamos o teatro como ferramenta pedagóxica para desenvolver todo tipo de competencias e valores no noso alumnado, xa desde Educación Infantil.

Na última década puxéronse en marcha varios grupos que todos os anos preparaban obras destinadas a mellorar aspectos lingüísticos, sociais, artísticos e emocionais de todos os implicados.

Así, os grupos Bubelas, Bubeliñas e Interaulas foron creando unha tradición teatral que se viu interrompida no 2020 pola pandemia. Este ano estamos reiniciando o camiño. En todas as viaxes é bo botar, de cando en vez, a vista atrás para coller folgos. Ver de onde vimos axúdanos a planificar o futuro.

O pasado setembro retomamos o proxecto comezado no 2019: novo elenco e novas ilusións que está previsto culminar coa estrea, prevista mañá venres 2 de xuño. A meta é importante, pero a andaina aínda o é máis.

Esta é a nosa historia.

 

Na  obra  “O  bosque  animado”,  creada  polo  escritor   coruñés  Wenceslao  Fernández  Flórez,  adaptada  ao  teatro  escolar   pola  profesora   María  Jesús  López  Vila   e   actualmente   en   preparación  para   ser  representada   por  un  grupo  de   actrices  e  actores   do  noso  colexio;  fálasenos  da  vida   nunha  fraga  galega.
Queredes  coñecer  algunhas  das   personaxes   que  ides  poder  ver  e/ou  escoitar   o   próximo  día  2  da  xuño?
Animádevos  con  este  divertido  xogo!

 

Convivencia do alumnado de 6º no albergue de ecoturismo Alvarella

O alumnado de 6º de primaria desprazouse ao albergue de ecoturismo Alvarella no concello de Vilarmaior para realizar unha estadía de convivencia e aprendizaxe en contacto coa natureza. Podedes seguir as actividades na seguinte GALERÍA:

AXUDAS FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2023-2024

A Orde do 10 de maio de 2023 polo que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado de Educación Primaria, ESO e Educación Especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023-24 recolle os seguintes aspectos:

  • Beneficiarios/as: Aquelas familias con alumnado matriculado en centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos nas modalidades de gratuidade solidaria que se relacionan a seguir:
  1. Fondo solidario de libros texto do alumnado matriculado en 3º e 4º de Educación Primaria (no caso do noso centro educativo, xa que 5º e 6º teñen E-Dixgal).
  2. Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP, e en Educación Especial (EE), así como axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira da orde.
  3. Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP e EE.
  • Prazo de solicitude: Do 20 de maio ao 21 de xuño (ambos incluídos). O alumnado que se incorpore ao centro docente fóra deste prazo disporá dun mes contado a partir do día seguinte ao da formalización da matrícula. Non se poderán presentar solicitudes despois do 2 de abril de 2024.
  • Lexislación aplicable:
  1. Orde do 10 de maio de 2023 polo que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado de Educación Primaria, ESO e Educación Especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023-24.
  • Impresos de solicitude (hai que traer os dous cubertos e asinados) e a documentación complementaria que aparece a continuación:
  1. Anexo I e II.
  2. Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.
  3. En caso de separación ou divorcio, ademais, deberán aportar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

Datos do noso centro para as solicitudes: CEIP Emilia Pardo Bazán. Código de centro:15021627

Para máis información:

Sede electrónica da Xunta de Galicia

Aplicación Fondolibros

 

Semana 15-19 de maio

Robótica de Aurora Candal;

a ruta da auga de Aurora Candal;

un museo al aire libre de Aurora Candal;

xa falta menos de Aurora Candal;

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2023

Agasallo da nosa ANPA Milnenos:

 
 
 
Ver esta publicación en Instagram

Una publicación compartida de Anpa Milnenos (@milnenos_anpa)

 

O homenaxeado no Día das Letras Galegas é Francisco Fernández del Riego. Para achegarvos á súa biografía podedes facelo co seguinte vídeo.

 

Recursos

 

 

 

Semana do 8 ao 12 de maio

Torre de Hércues de Aurora Candal;

Icía de Aurora Candal;

Castro de Elviña de Aurora Candal;

rumbo ao divertamento de Aurora Candal;

prazas con poder de Aurora Candal;

érika esmorís de Aurora Candal;

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMISIÓN CURSO 2023-24

Desde hoxe xa se pode consultar a listaxe definitiva de admisión para o vindeiro curso académico 2023-24 no taboleiro de anuncios do centro. Contra esta resolución pódese presentar reclamación ante o Xefe Territorial ata o vindeiro día 15 de xuño.

O prazo de formalización de matrícula é do 20 ao 30 de xuño.

Distribuir contido


by Dr. Radut