Skip to Content

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO ESCOLAR 2021-2022

 

 


 

   https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/   

      Dende o día 1 ata o 22 de marzo, ámbolos dous inclusive, estará aberto o período de solicitude de praza para o curso escolar 2021-2022 no procedemento de admisión e matriculación do alumnado de Educación Infantil, Educación Primaria, ESO e Bacharelato na sede electrónica da Xunta de Galicia.  Nos seguintes enlaces aparece a información e documentación necesaria para formalizala.

 É IMPRESCINDIBLE CITA PREVIA PARA CALQUERA XESTIÓN PRESENCIAL NO CENTRO.

*Por motivo dun procedemento extraordinario de escolarización, as vacantes para o vindeiro curso escolar en 2º e 5º e E. Primaria teñen que ser modificadas, pasando a ter 0 vacantes para 2º E. P. e 10 para 5º E. P.


Horario de atención ao público: de luns a venres de 9:30 a 13:30

 

 

Presentación da autora Ana Alcolea do seu libro "EL RETRATO DE CARLOTA"

Ana Alcolea estivo no noso centro para presentarnos a súa obra "EL RETRATO DE CARLOTA"

O alumnado de sexto estivo disfrutando coa lectura e moito mais coa súa presentación que foi moi interesante. Estamos encantados tendo o noso libro asinado pola autora.

Moitas grazas Ana.   Galería de fotos.

 

O EMILIA CONSTRUINDO CIENCIA

XUNTARTE 2019

Despois dun grande esforzo e de tantos ensaios por fin chegou o día de presentar o estupendo traballo que foi como representación do noso centro a XUNTARTE 2019. Moitas grazas a todas as alumnas e alumnos que participaron bailando, cantando ou como instrumentistas e por suposto aos docentes que os prepararon. Galería de fotos.

Boa mostra do traballo pode ser apreciado coa actuación da danza africana SI SI KUMBALE.

Unfragmento das danzas comúns:

 

FESTIVAIS DE NADAL

Xa temos os primeiros froitos dos festivais de Nadal.

Unha mostra coa obra de teatro. https://vimeo.com/310652139/f40b1844bf

GALERÍA DE FOTOS

 

 

 

NADAL 2018 EPB

 
 
 
 

CONTACONTOS EN INGLÉS

O mércores 12 o alumnado de E. Infantil (5anos), 2º, 4º e 6º de primaria tivo unha actividade moi especial. Como en anos anteriores asistimos a un contacontos en inglés. Sempre disfrutamos e aprendemos moito coa representación do grupo teatral "Face2Face" que viñeron de Madrid ao noso colexio. Este curso representaron dúas obras diferentes:

*LOST IN SPACE. As aventuras de Lara e o seu amigo Benny no espazo sideral.

*ROBINSON CRUSOE. Unha adaptación moderna e divertida desta obra.

Grazas á ANPA do colexio por darnos a oportunidade de aprendrer inglés dunha forma lúdica e amena.

 podedes ver unha mostra nos seguintes blogues:

 http://rosenglish.blogspot.com/

http://blueschoolinenglish.blogspot.com.es/

 

Concerto Góspel

O luns día dez, organizado polo profesorado de música do colexio, o alumnado de quinto e sexto de Educación Primaria asistiu a un pequeno concerto de góspel, onde disfrutaron dunha mostra de cancións e explicáronlles onde naceu esta música.

Ahí vai unha pequna mostra.

3 de decembro, día internacional de persoas con discapacidade

O 3 de decembro é o Día internacional de Persoas con Discapacidade.

COGAMI (confederación galega de persoas con discapacidade) e os Bolechas visitaron o noso colexio para continuar sensibilizándonos neste tema e presentarnos á Unidade Didáctica: "Os Bolechas e a discapacidade".

Os nenos e as nenas de 1º e  2º de primaria participaron en obradoiros dende circuitos con obstáculos en cadeiras de rodas ata actividades cos ollos tapados para descubrir os obxectos polo tacto e polo olfacto e tamén facendo chapas e debuxos dos Bolechas.

Foi moi divertido!

 

 

  

VER VÍDEO DA TVG

XUNTA DE GALICIA

CADENA SER

EL CORREO GALLEGO

COGAMI

VER FOTOS

GUÍA DE USUARIO DA NOVA BIBLIOTECA EPB

Distribuir contido


by Dr. Radut