... e imos celebralo cun grande evento ao que estades convidados/as. Dende este venres, 31 de maio, a Fundación Luís Seoane de A Coruña acolle a exposición “El jardín de Juanita”. Durante un mes poderedes coñecer, en formato póster, as experiencias desenvolvidas nos 7 países implicados en dar voz aos nenos e nenas para axardinar o noso planeta.
O poder dispor dunha sala nun museo, é un grande recoñecemento ao proxecto e unha chiscadela aos artistas que colaboraron co noso xardín ao longo destes tres cursos: María Mariño, compositora; Javier Rouco, poeta e Rosario Belda, creadora téxtil; tamén Yago Concejo, publicista e pai dun neno do colexio. Todos elxs fixeron as súas aportacións tendo en conta o pensamento dxs nenxs.
Ademais a filósofa/pedagoga/escritora Angélica Sátiro, estará na súa inauguración o luns 10 de xuño. E, quen mellor que a creadora do proxecto para explicar o valor do que estivemos a facer ao longo de tres anos?
Fixemos a segunda xornada de patios dinámicos da que se encargaron Gloria e Ana. Os xogos escollidos neste caso foron "As Froitas" e "Os Paquetes". Outra vez houbo moita demanda por parte do alumnado que participou activamente. Podedes velo na Galería.
No Diario Oficial de Galicia do día 20 de maio de 2019 publícase a Orde do 3 de maio de 2019 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2019/20.
O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 21 de xuño de 2019.
O pasado xoves 16 de maio celebramos con todo o alumnado do centro o Día das Letras Galegas que este ano está dedicado a Antón Fraguas. Puidemos gozar cos bailes do alumnado de 4º e 6º e os poemas recitados, tamén foron entregados os agasallos aos premiados do certame de escritura rápida.
O alumnado de sexto de primaria recibíu un taller de música tradicional galega impartido por Juan Carlos Rilo Fraga ao que estamos moi agradecidos por achegarnos a nosa tradición. Ver galería. E chegou o día do concerto o mércores 8 de maio. Acceder á galería.
“Participación en proxectos e investigación no medio natural, expresando as actividades realizadas e os resultados obtidos mediante diferentes representacións”.
Currículo do segundo ciclo de Educación Infantil. Área: coñecemento do contorno. Bloque 2. Achegamento á natureza. Xunta de Galicia, 2009
Cando Angélica Sátiro nos propuxo a Rosario Belda e a min crear unha obra colectiva cos nenos e nenas da miña titoría, comezamos axiña xa que tres cursos con criaturas de Educación Infantil non era tanto tempo.
Queriamos un obxecto que representara a nosa participación no proxecto “El jardín de Juanita” y como a obra máis coñecida desta artista son os mapas téxtiles, pensamos que o producto final debería mostrar o camiño dende o aulario de infantil ata o xardín.
Ao longo dos tres cursos, tinximos as teas que serviron como soporte á obra con diferentes técnicas (Hapa-Zome, co sol e coa calor), pero o gran reto da nosa colaboración era non perder as bases sobre as que se sustenta a Filosofía Lúdica: a mellora do pensamento. Para desenvolver habilidades de pensamento nxs nenxs, axudeilles a enfocar a súa mirada en todo o proceso de creación a través do diálogo, facéndolles preguntas que lles orixinaran pensamentos sobre o que estaba a ocorrer e abrindo os ollos á diversidade.
Ao tempo que Rosario ía cosendo a súa cartografía téxtil, na escola estábamos a crear os nosos propios mapas e a sinalar o camiño que percorremos un día á semana dende outubro de 2016.
Por iso, cando tivemos a obra final na clase para xogar con ela, entendemos a súa visión diferente, mestura de realidade e imaxinación: “El mapa de Charo no es normal y corriente, no se ve lo que es, parece que vamos por un camino nuevo. Los dos (mapas) eran difíciles, porque Charo tuvo que pensar para hacer el suyo, pero el nuestro era más fácil porque lo inventamos entre todos. Pensamos y hablamos entre nosotros, así pensamos todas las cabezas y podemos tener muchas ideas”.
Esta nova obra, que xa consta no curriculum de Rosario Belda …
“2019: El camino al Jardín de Juanita. En colaboración con los niños y niñas de 5 años del CEIP Pardo Bazán de A Coruña”
… poderedes vela, no contexto do proxecto do xardín de Juanita, no mes de Xuño. A Fundación Luís Seoane acollerá a exposición “El jardín de Juanita”, coas experiencias dos 8 países participantes: España, Portugal, Italia, Brasil, Colombia, México, Uruguai e Arxentina .
A autora do proxecto estará presente na inauguración desta exposición; pero mentres podedes coñecela e ver as bases filosóficas do mapa no blogue de Rosario Belda.
Dentro do programa do Concello das rutas urbanas, este mes, saímos os cursos de segundo a facer unha exploración pola praza de María Pita para atopar tesouros agachados.
Aprendemos moito sobre a nosa cidade, as súas batallas, a heroína María Pita e descubrimos a placa da praza situada na fachada dunha casa á entrada pola porta Real.
Tivemos que correr moito, dun lado ao outro para ir cubrindo o noso libriño de tesouros.
Entramos no Concello, na sala de plenos y mirando para as vidrieiras descubrimos catro ilustres mulleres galegas: EMILIA PARDO BAZÁN, ROSALÍA DE CASTRO, CONCEPCIÓN ARENAL E MARÍA PITA. Foi un tempo moi aproveitado cun fermoso día de sol.
Finalizado o prazo de presentación de solicitudes no proceso de admisión de alumnado para o vindeiro curso escolar 2019-2020, comunicamos que TÓDALAS SOLICITUDES PRESENTADAS OBTIVERON PRAZA, agás a solicitude presentada para 5º curso de educación primaria por non existir vacantes.
CONTRA ESTAS LISTAXES PODERASE INTERPOÑER RECURSO DE ALZADA ANTE O XEFE TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, U. E FP. ATA O DÍA 13 DE XUÑO.
O PRAZO PARA FORMALIZAR A MATRÍCULA VAI DO 20 AO 30 DE XUÑO.
As familias do alumnado de novo ingreso no centro que desexen darse de alta na Asociación de Nais e Pais (ANPA Milnen@s) poden facelo non seguinte ligazón:
dende o 10 de xuño. A presentación será exclusivamente telemática, aínda que vos podedes pasar polo local no seu horario habitual para que vos axuden coa tramitación telemática.
Recordarvos que os socios pagarán un prezo inferior de comedor, actividades e campamentos e poderán asistir ás numerosas charlas gratuítas da Escola de Nais e Pais (con servizo de canguros gratuíto) e ás festas organizadas pola asociación.
O pasado luns día 25 de febreiro celebramos o "DÍA DE ROSALÍA" no noso centro coa presenza de todo o alumnado na sala de usos múltiples do edificio de infantíl.
Houbo lectura de poemas e contamos coa actuación estelar de ROSA CEDRÓN. Foi un acto moi bonito e emocionante, na galería e nos vídeos tedes unha mostra. NEGRA SOMBRA: https://vimeo.com/321062786