Proposta
As familias de calquera grupo , tanto de E. Infantil como E. Primaria poden gravar na casa, empregando o teléfono móvil ou calquera outro aparello electrónico:
-Contos contados polos nenos e as nenas (inventados por eles ou lidos dun libro)
-Cancións (sos ou acompañados).
-Trabalinguas.
-Xogos de palabras.
-Chistes.
-Dramatizacións.
-Poemas.
Unha vez feita e comprobada a gravación, deberán enviala a (correo ou wetransfer ao enderezo electrónico bibliotecaepb@gmail.com) para que poidamos subila á plataforma de Emilia na Onda e poida ser escoitada polo resto da Comunidade educativa. Lembrade #QuedaNaCasa.
Toda a información na web da nosa biblioteca.