Este non foi un curso máis, non foi un curso calquera, foi un curso tan especial que sempre quedará nas nosas memorias, un curso en que TODO UN PAÍS, tivo que quedar na casa.
Foi un curso que demostrou que somos máis fortes, que podemos estar xuntos e unidos na distancia, que podemos e sabemos facer moito máis do que parece e que "imposible" non existe porque unha escola : nenos, nenas, profes, familias e persoal non docente, é ante todo ilusión e motivación para facer proxectos novos. A escola é ese lugar máxico onde todo é posible: dar clase sen tempos de lecer, sen encerados, sen libros nin folios, sen "profe, podo ir ao baño?", sen "pero xa son as dúas!!!!", sen "podes calar que quero falar eu!!!!" sen... pero na que non pode faltar nenos, nenas, mestres, mestras e moitas gañas de traballar (ou poucas que tamén hai)
Este foi un curso no que o profesorado encheuse de enxeño e moitas horas para motivar ao alumnado e traballar nestas condicións inimaxinables e facerse , de súpeto, expertos en informática e novas tecnoloxías , para actualizar navegadores e poder vernos dende lonxe e permanecer unidos, para navegar por todos os recursos, para usar a súa inventiva e moita imaxinación e poñer todo ao alcance dos nenos e nenas.
Este foi un curso no que nenos e nenas, aínda que tiveran que estar pechados na casa, sen poder soltar esa enerxía que irradian en cada momento, iniciaron unha aprendizaxe distinta, a distancia.
Este foi un curso no que os pais e nais, con toda a súa inquedanza e o seu medo por esta situación, con moita paciencia, botaron unha man (máis ben, as dúas) para que os seus fillos e fillas seguiran a súa aprendizaxe e que, tamén, se fixeron expertos informáticos e mestres.
Este foi un curso no que o alumnado de 6º viu aprazada a súa despedida do cole onde, a maioría deles, pasaron nove anos da súa vida, de nenos a mozos: non houbo Alvarella, nin bágoas no patio, nin abrazos de despedida á ese mestres e mestras cos que compartiron bos e non tan bos momentos... Pero que aprenderon a ser máis fortes, que un virus non pode coa ilusión de estar xuntos e que lles axudará nesta nova, ilusionante e fermosa etapa.
Por todo isto, este é un curso de dar grazas, grazas, grazas.... grazas aos nenos e nenas por ser así, nenos e nenas, grazas as familias polo traballo extra e grazas aos compañeiros e compañeiras que tanto tempo e esforzo dedicaron para que isto funcionase.
MOITAS GRAZAS A GRANDE FAMILIA QUE FORMAMOS O EMILIA
.... e vémonos en setembro
O equipo directivo EPB